Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN grava o seu primeiro disco.

O Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN grava o seu primeiro disco.

Correo-e Imprimir PDF
cantares-do-brion-letras-ga

Nesta ponte de decembro o Coro Tradicional Cantares do Brión realiza a gravación do que será o seu primeiro disco comercial. Durante tres días ocuparán o salón de actos do Centro Cultural de Vincios, a súa casa, no lugar onde habitualmente ensaia esta agrupación.

Con este traballo, Cantares do Brión pretende fixar o seu repertorio iniciático, desenvolto durante catro anos, e que está conformado por pezas da tradición musical e outras de nova creación. Entre estas últimas figura "Has de cantar", unha composición do director do coro, Pablo Rial Salgueiro, con letra de Cantares gallegos, o libro de Rosalía de Castro, de cuxa publicación en Vigo se conmemoran os 150 anos. A partitura desta obra está a libre disposición no blog de Cantares do Brión: http://cantaresdobrion.blogaliza.org/