O martes 10 de decembro a Biblioteca Municipal de Gondomar acolle a partir das 20:00 h a primeira sesión conxunta dos dous clubs de lectura de adultos organizados por Espazo Lectura: o Sete Vidas (centrado na lectura de narrativa) e o Lecturas Debuxadas (centrado no cómic). Os libros propostos en ambos os clubs para este mes foron a novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, e mais a súa adaptación ao cómic que Antonio Seijas publicou recentemente.
Os dous autores, Agustín Fernández Paz e Antonio Seijas, estarán na biblioteca de Gondomar a partir das 21:00 h, polo que as persoas que queiran achegarse poderán escoitalos falar xuntos do proceso de creación das súas obras e de como se aborda a adaptación dunha obra literaria a outro formato.
Dim lights Embed Embed this video on your site