Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Os tres institutos de ensino secundario da área de Gondomar acollen como socios protectores a Espazo Lectura.

Os tres institutos de ensino secundario da área de Gondomar acollen como socios protectores a Espazo Lectura.

Correo-e Imprimir PDF
porto grupo_2

Incorpóranse tres novos centros de ensino ao proxecto de Espazo Lectura como socios protectores: trátase do IES Auga da Laxe, do IES Terra de Turonio e do IES Escolas ProVal. Estes institutos de Educación Secundaria únense aos colexios da comarca que xa son socios protectores de Espazo Lectura e que colaboran coa asociación facéndolles chegar ás familias do seu alumnado a información mensual das actividades para convidalas a participar.

 

Ademais da ampla nómina de centros de ensino, tamén son socias protectoras de Espazo Lectura once editoriais galegas e dúas compañías de teatro.