Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O IES Terra de Turonio despide o curso con baile e xogos tradicionais

O IES Terra de Turonio despide o curso con baile e xogos tradicionais

Correo-e Imprimir PDF
Actuacion de breakdance no IES Terra de Turonio

O Instituto Terra de Turonio de Gondomar despediu o curso cunha xornada de xogos tradicionais e un concerto musical. A xornada desenvolveuse no campo de fútbol de As Gaiandas que foi cedido polo Concello xunto coa montaxe do escenario.

A actividade cos xogos tradicionais estivo moi presente ao longo dos curso no propio instituto onde se imparte o ciclo profesional de actividades físico-deportivas no medio natural, ciclo que contempla o coñecemento dos xogos tradicionais e a súa práctica.

Con motivo da participación do centro na XIX edición de Ponte...nas ondas! que tivo como temática os xogos tradicionais, realizouse unha exposición de brinquedos no centro baixo o titulo Ponte...a brincar! Tamén se emitiu na xornada de comunicación unha reportaxe audiovisual sobre os xogo dos bolos celtas no Val Miñor que conta entre as familias do alumnado con moita tradición.

A xornada de fin de curso comezou ás 9.30 hs. Ata as 12.00 hs. a totalidade do alumnado e porfesorado xogaron ao brilé, o pano, a corda ou ao marro. A partir das 12.30 hs.comezou o concerto co grupo Electros, conformado por alumnado do centro. A seguir ao concerto procedeuse á entrega das orlas do alumnado que abandona o instituto. Para rematar a xornada, diversos grupos de alumnos e profesores fixeron intervencións musicais.