Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Son da Marisma, un festival lowcost made in Sabarís

Son da Marisma, un festival lowcost made in Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Son da Marisma
2uS - Fernando Abreu e Pablo Carrera
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

As veces as cousas pequenas fanse grandes, pero o festival de músicas emerxentes  "Son da Marisma" son desas cousas que teñen toda a pinta de naceren grandes para converterse ainda en máis grandes.

Un proxecto concebido para marcar o fito de converterse nunca cita anual de obrigado paso para os amantes da música emerxente galega, pero dende unha perspectiva local; e coa Foz do Miñor como telón de fondo.

Un festival feito por e dende Sabarís, grazas á iniciativa do Casino, como institución social, e baixo a dirección artística de Opa Producións, outro amalgama de profesionais locais como son Pablo Carrera e Olalla Fernández e coa colaboración do mercado de arte da Tía Ni.

O cartaz

Venres 5 de xullo

2uS (DOUS) con Fernando Abreu (clarinete) e Pablo Carrera (guitarra). 2uS son un grupo de música popular en toda a extensión da etiqueta. Sons da terra concentrados nestes dous músicos que forman esta orixinal proposta. Cando se escoitan as súas cancións en directo, 2uS nos lembran que este planeta é tan grande, o pequeno, como sexamos capaces de imaxinar. A súa música tense que escoitar, sentir e deixarse levar ata as bodas de Bulgaria, as romerías de Galicia, os poboados de África, as praias de Brasil ou os clubes de Chicago. Espontánea, feliz e plural, pero sempre coa identidade destes dous instrumentistas de infinito gusto polo diferente. Discografía: “So son sons” (2008) e “Dous” (2012)

Sábado 6 de xullo

CUARTETO CARAMUXO Felipe Agell, Xoán Carlos Vázquez, Fernando Abreu, Oscar Prieto, (clarinetes) Alonso Caxade (acordeón) Patricia Cela (percusión) Gañadores do Festival Folk Cancioneiros da fundación Pedro Barrié de la Maza en 2008, no que o xurado salientou a súa orixinalidade e posta en escena na reinterpretación dos cancioneiros populares galegos. Seis músicos cunha variada formación académica que vai dende a música antiga ata a contemporánea, pasando pola música tradicional, a pedagoxía ou a musicoterapia. Os seus concertos teñen un aire festivo que contaxia ao público, pola súa teatralidade e alegría no escenario. Discografía: “Tiruriro” (2009)

LEOPOL Leandro Deltell (batería) Pablo Carrera (guitarra) A improvisación e experimentación sonora son a base deste novo proxecto musical, formado por dous músicos de amplo bagaxe. LeoPol propoñen unha búsqueda de paixases sonoras, e unha viaxe musical influenciada polo jazz, blues, funk e músicas do mundo.

O festival contará tamén con outras actividades paralelas como unha mostra de lutería de instrumentos tradicionais de Patricia Cela, diversas exposicións. Exposición de fotografías de Carla Bras -Jose Manuel Salcedo “6co2+6h2o” e de Cris Grande. Exposición de esculturas de Victor Lorenzo  e de ilustracións de Olalla Fernández.

Tamén haberá espazo para o mercado de vinilos e os revividos casettes.

A cita, o próximo 5 e 6 de xullo no Casino de Sabarís., O prezo, 2€ por día e de balde para os socios do Casino de Sabarís.