Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Xosé María Díaz Castro será o novo homenaxeado no Día das Letras Galegas en 2014.

Xosé María Díaz Castro será o novo homenaxeado no Día das Letras Galegas en 2014.

Correo-e Imprimir PDF
diaz castro

A Real Academia Galega decide dedicar o Día das Letras 2014 ao poeta e tradutor de Guitiriz, Xosé María Castro (Guitiriz, 1914 – Lugo,1989).
Xosé María Díaz Castro  é autor de Nimbos (1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna, e que contén o célebre poema "Penélope" xustamente célebre pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico.

Membro, xunto con Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro e Iglesia Alvariño entre outros, da chamada "escola mindoniense", Díaz Castro mantivo ao longo de toda a súa vida, e malia súa condición de funcionario residente en Madrid, un fondo compromiso coa cultura galega do seu tempo.
Segundo a RAGA, tra´tase dun autor cunha obra poética singular e de aparición serodia que destaca polo seu virtuosismo técnico.