Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

A mostra “Ceibes no Monte” do IES Terra de Turonio chega á 36ª Semana Verde de Silleda.

Correo-e Imprimir PDF

cabalos-ceibes-ies-turonio-O traballo realizado polo IES Terra de Turonio en colaboración coas asociacións de gandeiros do Val Miñor, as comunidades de montes e o Concello de Gondomar poderá verse no marco da Feira Internacional Semana Verde de Silleda do 13 ao 16 de xuño de 2013.

O programa “O Debate” inaugura este martes a nova canle galega Irmandade TV.

Correo-e Imprimir PDF

aurelio-lopezUnha nova iniciativa únese á rede de medios en galego. Este martes, 11 de Xuño, ás 21:30 nace Irmandade TV da man do programa "O Debate", conducido por Aurélio Lopes. A primeira emisión analizará a quebra das caixas galegas e a estafa das preferentes. Os programas poden ser visionados cada martes a través do web www.irmandade.tv e os telespectadores poden participar no debate a través da etiqueta en Twitter #GalizaSenCaixas e a páxina en Facebook www.facebook.com/IrmandadeTV.

O Conservatorio de Música de Gondomar abre pre inscricións ata o 25 de xuño.

Correo-e Imprimir PDF

l tobioO Conservatorio Elemental de Música de abre o prazo de pre inscrición para todos os mozos/as de entre 8 e 14 anos que desexen tocar un instrumento. O Conservatorio de música ten unha formación homologada nas especialidades de Piano, Clarinete, Saxofón , Violín, Viola e Guitarra.

O dúo Mini e Mero pecha a tempada 2012 – 2013 das TERTULIAS do IEM

Correo-e Imprimir PDF

Mini e MeroXosé Luis Rivas Cruz e Baldomero Iglesias Dobarrio, máis coñecidos como Mini e Mero serán os protagonistas dunha nova TERTULIA do IEM coa que se pecha o ciclo 2012 – 2013. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar) o vindeiro venres 7 de xuño ás 20:30 horas.
Mini e Mero ademais da súa faciana como dúo de músicos e cantautores (membros históricos de Fuxan os Ventos e a máis recente A Quenlla), achegarán as súas experiencias como investigadores do folclore e a cultura tradicional do país.

Presentación da Associação José Afonso (AJA) no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

jose afonsoO vindeiro xoves 6 de xuño terá lugar a presentación da Associação José Afonso (AJA), na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10 baixo, Gondomar), a partir das 20:30 horas. O acto contará coa proxección dun documental sobre o músico e compositor José "Zeca" Afonso e unha actuación poético musical de libre participación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL