Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O actor Candido Pazo será o pregoneiro do Entroido de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

entroido-gondomar-2012O desfile-concurso terá lugar o próximo domingo, día 10 de febreiro, a partir das 16.00 horas e contará coa presenza do dúo Azar que será o encargado de presentar e amenizar o evento. O pregón deste Entroido 2013 correrá a cargo do actor Cándido Pazó.

-O desfile- concurso contará con 15 comparsas

Nace a Asociación de Medios en Galego para defender a presenza do idioma

Correo-e Imprimir PDF

Profesionais dos medios que forman parte da Asociación de Medios en GalegoValminor.info pasa a formar parte da Asociación de Medios en Galego impulasada conxuntamente con Tempos Novos, Novas da Galiza, Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa, Xornal Certo, Radiofusión, Xornal de Luns a Venres, Praza Pública, O Compás.

 

Afortalar os medios en galego, consolidar un espazo de comunicación na lingua propia ou contribuir á profesionalización do sector dos medios en galego son parte dos obxectivos da Asociación de Medios en Galego que se acaba de constituír.

Enoloxia, ocio e fotografía. Nace Xproject

Correo-e Imprimir PDF

A publicación terá unha periodicidade bimensual - Imaxe XprojectNace Xproject, o novo magazine dixital con base no Val Miñor, onde conflúen artistas e profesionais do mundo da enoloxía e o ocio baixo o telón da fotografía como nexo común.

A publicación bimensual e bilingüe (galego e castelán) vai polo seu segundo número e non deixa indiferente a ningún dos seus primeiros lectores pola calidade dos seus contidos.

Valminor.info falou cun dos impolsores do proxecto, Juan Chamorro (28 anos, Panxón) enólogo e fotógrafo de obrigada repaso para os que sexan amantes ás fotografías e sobre todo ao Val Miñor.

Un "Arroaz Maior" que non teme o risco á hora de crear, abraiou ao público nunha nova TERTULIA do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 0746Se no carné de identidade tivese que incluír a súa profesión non dubidaría en colocar: "debuxante de banda deseñada". Esa é a identidade, que por riba de calquera das outras define a Miguelanxo Prado, segundo o confesou durante a TERTULIA do IEM celebrada este venres 1 de febreiro e da que foi o protagonista. Neste eido, afirmou descubrir aos 18 anos a sintaxe perfecta cara as súas dúas paixóns: imaxe e narrativa. Dende alí en diante naceu a súa prolífica carreira artística da que deu conta con innumerables anécdotas e debuxos que dende unha pantalla ilustraban os diversos momentos da súa obra.

Espazo Lectura celebra o seu 5º aniversario este sábado 26 cun "asalto poético" polas rúas de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

casa-da-lectura-2Este sábado 26 de xaneiro cúmprense 5 anos da constitución da asociación Espazo Lectura, que quere celebralo cunha acción lectora coa que visibilizar o seu traballo a prol da lectura e convidar os gondomareños e gondomareños a achegarse á poesía. Entre as 10:30h e as 12:00h do sábado 26 sairán polas rúas, establecementos comerciais e espazos públicos de Gondomar grupos de voluntarios e voluntarias de Espazo Lectura que "asaltarán" as persoas coas que se atopen para lerlles un poema e compartir así con eles o espírito de sociedade lectora que Espazo Lectura quere fomentar desde a súa campaña "Gondomar, lendo para medrar". Ademais, para celebrar este 5º aniversario, Espazo Lectura inaugurara esta semana un novo sitio web, máis atractivo e moderno, para difundir as súas actividades e conectar dun xeito máis doado coa sociedade: www.espazolectura.org

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL