Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Do cero e o infinito

Correo-e Imprimir PDF

obra-recente-carlos-barrosUn dos moitos argumentos recorrentes da modernidade é o abandono case total, de parte das artes plásticas, dunha idea de narración, asociada, quizais dun xeito inxenuo, a unha perspectiva fixa e homoxénea. A fotografía do século XIX, coas súas pretensións de verdade, invadiu o territorio da representación, e a pintura, orfa, algo estrañada, e aparentemente inútil, deu en emigrar alén dos seus límites tradicionais, espallándose fora do marco do cadro, na procura doutros espazos nos que se desenvolver. Desde entón, e malia os fecundos roteiros que se derivaron desa aventura adolescente, a pintura semella vivir cunha morte sempre anunciada, pendurada nun denso limbo de sospeita.  

Cun recital de guitarras e violíns pecharon a tempada 2012/2013 as escolas municipais de música de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Fin-de-curso-escuela-municiO Salón de Actos municipal albergou hoxe o acto de clausura do curso 2012/2013 das escolas municipais de música, no que participaron preto de 40 alumnos. Ao longo dunha hora, os alumnos interpretaron catorce pezas a guitarra e a violín de diversos estilos, desde Mozart ata Queen, pasando pola música popular francesa, ou clásicos do rock como The Beatles, Bob Dylan, The Animals ou The Police.

Coloquio no IEM sobre as “casas de indianos” no Val Miñor, Vigo e contorna a cargo de José R. Iglesias Veiga

Correo-e Imprimir PDF

villa-america-GondomarA presenza das chamadas “casas de indianos” na bisbarra do Val Miñor é abondosa. As diversas construcións que foran desenvolvida entre finais do século XIX e principios do XX polos emigrados a América, son agora patrimonio arquitectónico dedicado a actividades tan diversas como centros de ensino, industria, relixión, vivenda, ornamentación pública, así como morada final nos cemiterios. Nembargante, o profesor José Ramón Iglesias Veiga, advirte que o emprego do termo “arquitectura indiana”, para denominar  á edificación promovida polos emigrados retornados cun certo grado d e riqueza “non responde á realidade dun estilo singular e diferenciado, nin a tipoloxías importadas con características propias, nin tan sequera ao emprego de vocábulos dunha linguaxe peculiar de procedencia americana”.

Ponte...na escena levou o teatro do auditorio á taberna.

Correo-e Imprimir PDF

8mm teatro durante a actuación no Catro Camiños - valminor.infoA primeira xornada do Festival Internacional de Teatro Ponte...na escena comezou coa representación da obra Verbum Fahrenheit de Limiar Teatro no Auditorio Lois Tobío de Gondomar e rematou cunha intensa representación “ao Tarantino” na taberna Catro Camiños de Gondomar.

O Coro do Brión cantará a Rosalía nos actos centrais en Vigo polo 150º aniversario de Cantares Gallegos.

Correo-e Imprimir PDF

cantaresdobrion-"Has de Cantar", o poema de Rosalía musicalizado polo artista miñorano Pablo Rial Salgueiro será interpretado por Cantares do Brión no acto central en Vigo polo 150º aniversario da primeira publicación de Cantares Gallegos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL