Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

“Fotografía, verdade, verosimilitude…” Nova TERTULIA do IEM con Vítor Vaqueiro Foxo.

Correo-e Imprimir PDF

 

vitor-vaqueiro-copiaEste venres, 10 de maio, TERTULIA do IEM co escritor, fotógrafo e profesor, Vítor Vaqueiro Foxo, co título "Fotografía, verdade, verosimilitude".. O convidado será presentado polo director do IEM, Carlos Méixome. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ata o xoves 9 de maio ás 22 horas.

Com as reintegracionistas!

Correo-e Imprimir PDF

diatoahlhaO DdoOLeR 2013 (VII Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata e XIII Dia Internacional da Toalha) celebrarase o 25 de maio e xa ten cartaz protagonizado por Teresa Moure e tamén o seu propio Harlem Shake: "Com as reintegracionistas!".

Este martes o Club de lectura Sete Vidas adéntrase nunha viaxe literaria polo continente africano.

Correo-e Imprimir PDF

 

Andre KaminskiO martes 7 de maio, ás 20:00h, o club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, reunirase de novo na Biblioteca de Gondomar para falar da lectura recomendada para este mes. Trátase da obra Os xardíns de Mulai Abdalá, do escritor e reporteiro suízo, André Kaminski , editada pola editorial Rinoceronte. A versión orixinal en alemán foi levada ao galego pola tradutora Ana María Abeleira Liste, residente na Suíza.

A Escola de cine e teatro Val Miñor inaugura este sábado os seus cursos no Casino de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

rodaje-2Os amantes das artes escénicas terán na bisbarra un espazo onde dar os primeiros pasos na actuación diante cámaras ou nas táboas teatrais. Os actores Antela Cid e Fran Peleteiro acaban de lanzar a Escola de cine e teatro Val Miñor que a partir deste sábado ás 12 horas comezará a impartir cursos no Casino de Sabarís.

Convocatoria 2013 ao VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

 

Díptico 2013 Página_1O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL