Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Aberta a inscrición para o desfile de comparsas de entroido en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

A parroquia de Belesar recuperou o ano pasado o seu entroido máis tradicional - Foto 1punto1fotografia.comConcello de Baiona publica as bases para a participación no concurso de comparsas de entroido 2013 na vila real. As inscricións deberán facerse nas oficinas do Concello dende o martes 15 xaneiro ate o venres 8 de febreiro en horario de 9 a 13h e as comparsas deberán ter un mínimo de 8 persoas. A participación no desfile de comparsas tamén terá premio.

O Val Miñor no NO-DO de RTVE

Correo-e Imprimir PDF

A dixitalización levada a cabo polo ente público de Radio Televisión Española dos programas do NO-DO (Noticiarios y Documentales) permiten recuperar e aceder a todos os documentos audiovisuais nunha filmoteca clasificada temporalmente e con búsquedas por palabras clave.  Esta ferramenta é a que nos permitiu recuperar neste artigo os únicos 6 vídeos do NO-DO relativos ao Val Miñor.

O Non-Do (Noticiarios e Documentais), creouse o día 29 de setembro de 1942 pola ditadura do Xeneral Francisco Franco como un servizo de difusión de noticiarios e reportaxes de obrigatoria exhibición nos cinemas de España, posesións e colonias. Este noticiario servía por unha banda de aparello de propaganda do franquismo e por outro de fío de unión dos españois co mundo. A súa primeira proxección tivo lugar o 4 de xaneiro de 1943 e así se mantivo ata que, en 1975, deixou de ser obrigatorio. A produción cesou en 1981. En decembro de 2012 RTVE.es e Filtomoteca abren estes documentos excepcionais da historia da transformación de España á súa consulta libre en Internet.

Os 6 vídeos relativos ao Val Miñor céntranse principalmente no Parador de Baiona (Parador de Gondomar) e aos actos relixiosos de ofrenda na Igrexa de Panxón en Nigrán.


video3

Peregrinación Jacobea - El Frente de Juventudes y  Falange Juveniles realizan el Camino de Santiago.  El puerto marinero de Panjón acoge una ofrenda floral.
02 de agosto de 1954  - Minuto 05:32


video6

Ceremonia Votiva en el Tempo de Panjón
24 de setembro de 1962 - Minuto 00:17


video1

 Inauguración del monolito en Bayona La Real en recuerdo de la arribada de la carabela "Pinta"
05 de Abril de 1965 - Minuto 00:17


video2

El gran parador de Monte Real en Pontevedra . El Ministro de Informaicón y Turismo, D. Manuel Fraga Iribarne, visita las obras.
12 de xullo de 1965 Minuto 00:17


video5

El Generalísimo visita a bordo del Azor, el recién inaugurado Parador Conde de Gondomar guiados por el ministro de Información y Turismo D. Manuel Fraga Iribarne.
28 de agosto de 1967 - Minuto 07:08


video4

España en color - Promoción del nuevo parador de turismo de Gondomar en Bayona
6 de outubro de 1969 - Minuto 07:01

Baiona será a sede do II Encontro de Coros Tradicionais "Cantares no Miñor".

Correo-e Imprimir PDF

cartel cantares_minor_2013_-Cantares do Brión confirmou nesta xornada a celebración do II Encontro de Coros Tradicionais "Cantares no Miñor".

-Sábado, 26 de xaneiro, ás 20,00 horas, en Baiona, no Auditorio Municipal V Centenario.

- A Coral de Ruada (Ourense) intervirá como invitada desta segunda edición do Cantares no Miñor. A presentación estará a cargo de Leo de Matamá.

Fernando Casás: “O agora xa foi e denantes será”.

Correo-e Imprimir PDF

2013 1_10_14657s300x"O importante é o concepto" proclamaba o personaxe de Pazos na película Airbag de Juanma Bajo Ulloa (1997), e abofé que o é na exposición do Centro Galego de Arte contemporánea que hoxe transitamos, conceptualismo e vontade de insvestigación narrativa. Unha oportunidade para asimilar que a simple revelaciòn do artista pode conceder categoría estética a un obxecto; agardando, iso si, ao espectador que veña a completar a obra coa sua mirada.

Méndez Ferrín chamou a defender "ata a última mata de toxeira" na Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

mendez-ferrin-galineiroCun público que encheu as instalacións do Centro Cultural de Vincios, tivo lugar este xoves 27 de decembro do 2012, un espectáculo artístico no que foi presentado o libro Nós Galiñeiro, coa presenza do seu autor, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín. O evento contou coas actuación de dous grupos xurdidos nesta parroquia miñorana, o Coro Tradicional Cantares do Brión e Os Irmandiños de Vincios.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL