Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Aberta a inscrición para o desfile de comparsas de entroido en Baiona

Aberta a inscrición para o desfile de comparsas de entroido en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
A parroquia de Belesar recuperou o ano pasado o seu entroido máis tradicional - Foto 1punto1fotografia.com

Concello de Baiona publica as bases para a participación no concurso de comparsas de entroido 2013 na vila real. As inscricións deberán facerse nas oficinas do Concello dende o martes 15 xaneiro ate o venres 8 de febreiro en horario de 9 a 13h e as comparsas deberán ter un mínimo de 8 persoas. A participación no desfile de comparsas tamén terá premio.

Os participante optan aos seguintes premios:

1º PREMIO .......................900 EUROS
2º PREMIO .......................650 EUROS
3º PREMIO .......................500 EUROS

Entre as demáis comparsas participantes, repartiránse os seguintes premios:
De 81 a 100 compoñentes 500 euros por participar.
De 61 a 80 compoñentes 400 euros por participar.
De 41 a 60 compoñentes 300 euros por participar.
De 21 a 40 compoñentes 200 euros por participar.
De 12 a 20 compoñentes 100 euros por participar.

CUARTA.- Para optar ós premios, as comparsas deberán desenrolar o seguinte programa:
a) Participar no desfile organizado o martes 12 de febreiro de 2013.
b) Tódalas comparsas participantes deberán aportar obrigatoriamente a súa música en CD .
c) Realizar unha exhibición de 5 a 10 minutos ante o xurado.
d) Participar no enterro da sardiña que terá lugar o día mércores 13 de febreiro ás 19,00 horas desde a Praza do Concello ata a Praia Ribeira.

QUINTA.- As comparsas concentraranse antes das 16:30 horas do martes 12 de febreiro nás inmediacións da praia de Santa Marta, comezando a esa hora o desfile polas rúas da Vila, para rematar na entrada ao Parador de Baiona onde o xurado deliberará e acto seguido entregaránse os premios.

SEXTA.- O Xurado estará integrado por persoas do mundo da cultura, deporte, música, letras, etc., designadas polo Concello. O xurado poderá declarar premios desertos en caso de non reunir uns mínimos de calidad esixidos.

SÉPTIMA.- Valoraránse entroutos os seguintes aspectos:
a) Disfraces, máscaras, maquillaxes, etc, axeitados ó motivo que representen.
b) Orixinalidade, inxenio, caracterización, instrumentalización, etc.
c) Actitude no desfile acorde co motivo na exhibición.
d) Calidade e creatividade na exhibición.
e) Número de compoñentes da comparsa.