Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O artista plástico Xosé Carlos Barros inaugura a mostra OBRA RECENTE na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF

 

IMG 0861Este venres 24 de maio ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da exposición OBRA RECENTE, do plástico Xosé Carlos Barros. O traballo será presentado polo artista vigués Amando, e introducido por Fino Lorenzo. O acto, aberto ao público, terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do Instituto de Estudos Miñoranos.

Gondomar acolle o I Festival de Teatro de Lusofonía en Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Momento da rolda de prensa hoxe - Imaxe GondomarTVHoxe presentouse oficialmente o cartel do I Festival Internacional de teatro lusófono en Gondomar onde participan 6 compañías de Galicia, Portugal e Brasil.

Ponte na escena, terá lugar os próximos días 24, 25 e 26 de maio en Gondomar.

6 compañías de teatro procedentes de Brasil, Portugal e Galicia serán as protagonistas  de por en escea o primeiro festival de teatro que en Galiza presenta as obras de compañías brasileiras, galegas e portuguesas.

Unha ponte necesaria que ofrece ao espectador a posibilidade de asistir a diferentes propostas escénicas contadas nunha mesma lingua con sotaques diferentes. Un proxecto que une a proximidade cultural entre territorios que comparten unha expresión común.

Ignacio Troncoso, concelleiro de cultura, afirmou hoxe que "aínda que pareza estraño, é a primeira vez que se vai facer un festival de teatro lusófono en Galicia. Por isto, apostamos fortemente por esta colaboración".

Dúas compañías galegas (Limiar Teatro e 8mm Teatro), dúas portuguesas (Fafe cidade das artes e Teatro Invisibel) e dúas brasileiras (Farándula e Teatro andante) desenvolverán o Festival Internacional de Teatro que terá por sede a vila de Gondomar do 24 ao 26 de maio.

As seis conforman o programa de Ponte…na escena, o primeiro festival internacional de teatro da lusofonía que se pon en marcha en Gondomar. A proposta xorde do impulso de Ponte…nas ondas, de aí o nome do certame pero tamén de Limiar Teatro (Fran Núñez), membro desta última formación e implicado en Ponte nas ondas desde tempo atrás fala da “vocación de exhibir proxectos comúns da lusofonía”.

O programa centrará a súa actividade no Auditorio Municipal Lois Tobío, aínda que o venres 24, o bar Catro Camiños albergará "Unha historia de amor ao Tarantino (8mm. Teatro)" a partir das 23 horas con entrada libre.

O custe das entradas para o resto de espectáculos é de 4 euros por espectáculo, ou  un bono de 6 euros que permite o acceso ás dúas funcións do día.

Entradas anticipadas en www.servinova.com

Comezan os preparativos do Festival Internacional de Teatro lusófono en Gondomar do 24 ao 26 de maio.

Correo-e Imprimir PDF

O actor Hugo Rodríguez de Limiar Teatro representando Verbum FahrenheitFestival internacional de teatro O festival Ponte...na escena é o primeiro festival de teatro que en Galiza presenta a obra de compañías brasileiras, galegas e portuguesas.

Unha ponte necesaria que ofrece ao espectador a posibilidade de asistir a diferentes propostas escénicas contadas nunha mesma lingua con sotaques diferentes. Un proxecto que une a proximidade cultural entre territorios que comparten unha expresión común.

A banda debuxada “V de Vendetta” centra unha nova sesión do club Lecturas Debuxadas en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

 

v-vendettaO martes 21 de maio, ás 20:00 horas, na biblioteca de Gondomar, terá lugar a sesión mensual do club de cómic Lecturas Debuxadas que organiza a asociación Espazo Lectura. A sesión estará dedicada a comentar V de Vendetta, de Alan Moore e David Lloyd.

Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

 

eladio garcia sotelo-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas.

-Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL