Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Os cativos do Val Miñor fan a súa homenaxe a Rosalía de Castro.

Correo-e Imprimir PDF

nenos-belesarO vindeiro domingo 24 de febreiro conmemórase en todo o país o Día de Rosalía de Castro, no que será o 176 aniversario do seu nacemento. No Val Miñor terá lugar un extenso programa de actividades culturais promovidas polos centros de ensino e diversos colectivos socias que sumaranse á homenaxe a escritora fundacional. Lecturas de poemas e proxeccións de audiovisuais terán lugar en varios centros de estudo. Para o domingo 24 está convocada unha gran alborada gaiteira nas vilas e parroquias da bisbarra.

O Premio Literario Conde de Gondomar chega a súa XI edición.

Correo-e Imprimir PDF

certame-literario-2013- O Concello de Gondomar convoca a XI edición do Premio Literario Conde de Gondomar

- Poderán participar todos os mozos/as do Val Miñor que teñan entre 10 e 20 anos

-O certame conta co apoio do Instituto de Estudos Miñoranos e a Deputación de Pontevedra.

A exposición TERRA INCONGNITA convida a algo máis ca contemplación: provoca.

Correo-e Imprimir PDF

dia-enamoradosCóntanos Enrique Touriño que o proxecto TERRA INCÓGNITA nace dun xeito espontáneo e sorprendente, xa que nunca previu sacar a luz a súa particular forma de ver o entorno onde mora: o Val Miñor. As fotografías de gran formato que integran estra mostra -inaugurada este venres 15 de febreiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas- foron capturadas durante os seus paseos polos montes da Serra da Groba, o Galiñeiro e outros paraxes da bisbarra. A exposición trátase sen dúbida dunha "selección cun innegable aire de familia", como ben observou Antonio Soliño Troncoso, durante a presentación da mesma.

Belesar, racha coa pana na súa festa de entroido.

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe de onte no entroido de Belesar - Foto 1punto1fotografia.comO entroido en Belesar afiánzase e supera as súas propias expectativas. Rotundo éxito de participación onte en Belesar. Valminor.info en colaboración co estudio fotográfico Unopuntouno Fotografía publicará a reportaxe fotográfica do entroido de Belesar.

Ampliaremos información

 

Entroido en Belesar - Foto: 1punto1fotografia.com

Cándido Pazó : "a festa ten que facela a xente... ou pouco carnaval será"

Correo-e Imprimir PDF

candido pazo"Pregoar o entroido (ou intruido, como diciamos nos arredores de Vigo) convidado por unha institución ten un algo de contrasentido". Así responde o polifacético actor e creador Cándido Pazó, ante a consulta de Valminor.info sobre a súa próxima presenza como pregoeiro no Entroido de Gondomar. "O carnaval naceu como unha celebración antiinstitucional, unha ocasión para finxir ser o que non se era e así poder dicir o que non se dicía. Ou simplemente divertirse, en tempos nos que a diversión era considerada case subversiva", sinala o popular animador

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL