Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A exposición TERRA INCONGNITA convida a algo máis ca contemplación: provoca.

A exposición TERRA INCONGNITA convida a algo máis ca contemplación: provoca.

Correo-e Imprimir PDF
dia-enamorados

Cóntanos Enrique Touriño que o proxecto TERRA INCÓGNITA nace dun xeito espontáneo e sorprendente, xa que nunca previu sacar a luz a súa particular forma de ver o entorno onde mora: o Val Miñor. As fotografías de gran formato que integran estra mostra -inaugurada este venres 15 de febreiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas- foron capturadas durante os seus paseos polos montes da Serra da Groba, o Galiñeiro e outros paraxes da bisbarra. A exposición trátase sen dúbida dunha "selección cun innegable aire de familia", como ben observou Antonio Soliño Troncoso, durante a presentación da mesma.

 Confesa Touriño que pensaba titularlla "A menos de 30 minutos da casa", porque eses lugares estaban a menos desa distancia da súa vivenda. Nembargante, despois de ver as fotografías

-para el tan familiares- entendeu que para tantos outros resultarían estrañas e de difícil localización xeográfica, polo que decidiu o título actual.

Cada fotografía de TERRA INCOGNITA leva por nome as coordenadas de xeorrefernencia da paisaxe capturada. Unha decisión que para Touriño é necesaria pois "permitirá ver o cambio inevitable en estes lugares, que a bo seguro resultarán irrecoñecibles nun breve espazo de tempo".

TERRA INCONGNITA é un verdadeiro paseo sensorial. Cun soporte case veludo que invita a tocalo, "e iso gústame" di o autor. As imaxes abranguen distintos estados de ánimo da natureza, aos que Touriño chega cun xogo de luces e sombras que di aprendeu dos seus admirados clásicos como Ansel Admas, Cartier-Bresson, Richard Avedon, Helmut Nweton o Robert Doisneau, entre outros.

TERRA INCONGNITA permanecerá aberta ao público de luns a venres de 18 a 21 horas ata o vindeiro 22 de marzo. A mostra, en palabras de Antonio Soliño, "convida a algo máis ca contemplación: provoca".

 

Dim lights Embed Embed this video on your site