Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Os cativos do Val Miñor fan a súa homenaxe a Rosalía de Castro.

Os cativos do Val Miñor fan a súa homenaxe a Rosalía de Castro.

Correo-e Imprimir PDF
nenos-belesar

O vindeiro domingo 24 de febreiro conmemórase en todo o país o Día de Rosalía de Castro, no que será o 176 aniversario do seu nacemento. No Val Miñor terá lugar un extenso programa de actividades culturais promovidas polos centros de ensino e diversos colectivos socias que sumaranse á homenaxe a escritora fundacional. Lecturas de poemas e proxeccións de audiovisuais terán lugar en varios centros de estudo. Para o domingo 24 está convocada unha gran alborada gaiteira nas vilas e parroquias da bisbarra.

 

Coa lectura de poesías de Cantares Gallegos (no 150 aniversario da súa 1ª edición) e a proxección de audiovisuais feitos por eles, os cativos dos CEIPs de Belesar (Baiona), Chano Piñeiro (Gondomar) Carlos Casares (Nigrán) e o CEP Xosé Neira Vilas (Peitieiros) , farán o seu particular agasallo a Rosalía este venres 22 de febreiro.

A iniciativa forma parte dun convite feito pola Asociación de Escritores Galegos, que foi acollida por 73 centros de ensino de Galicia e na que participaron máis de 80 grupos de escolares.

Deixamos un adianto dalgúns dos traballos presentados.

 

CEIP Belesar (Baiona): Poesía "Meniña ti a máis fermosa".


Dim lights Embed Embed this video on your site


CEIP Carlos Casares (Nigrán): "Adios ríos, adios fontes".

 

Dim lights Embed Embed this video on your site


CEP Neira Vilas de Peitieiros (Gondomar): "Vinte unha crara noite".


Dim lights Embed Embed this video on your site