A poeta miñorana Marta Dacosta resultou gañadora do premio Johan Carballeira de poesía, do concello de Bueu, coa súa obra "dun lago escuro".
Val Miñor - Cultura
A poeta Marta Dacosta gaña o Johan Carballeira con "dun lago escuro"
Seleccionan unha curtametraxe realizada por alumnos e profesores do IES Terra de Turonio para o Festival de Cinema Jove de Valencia.
-Na calor do meu cuarto é o título do filme.
-A curtametraxe foi producida, filmada e protagonizada por alumnado e profesorado do IES Terra de Turonio de Gondomar
Celebración do Día das Letras Galegas no Val Miñor.
O Instituto de Estudos Miñoranos presentará o día 17 de maio ás 19:00 horas, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, un espectáculo de base teatral en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
O Centro Cultural de Peitieiros abre as celebracións do Día das Letras Galegas en Gondomar.
-O Centro Cultural de Peitieiros conmemora o día das letras este xoves 16 ás 20:30 horas.
O Centro Cultural de Peitieiros conmemora este xoves 16 ás 20:30 horas o Día das Letras Galegas. Nesta conmemoración terá un papel central a figura do autor homenaxeado, Roberto Vidal Bolaño, que no seu día deu nome a un premio que no Concello de Gondomar se concedía a destacados persoeiros do teatro galego.
Festival Internacional de Teatro lusófono en Gondomar do 24 ao 26 de maio.
Dúas compañías galegas (Limiar Teatro e 8mm Teatro), dúas portuguesas (Fafe cidade das artes e Teatro Invisibel) e dúas brasileiras(Farándula e Teatro andante) desenvolverán o Festival Internacional de Teatro que terá por sede a vila de Gondomar do 24 ao 26 de maio.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL