Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Comezan os preparativos do Festival Internacional de Teatro lusófono en Gondomar do 24 ao 26 de maio.

Comezan os preparativos do Festival Internacional de Teatro lusófono en Gondomar do 24 ao 26 de maio.

Correo-e Imprimir PDF
O actor Hugo Rodríguez de Limiar Teatro representando Verbum Fahrenheit

Festival internacional de teatro O festival Ponte...na escena é o primeiro festival de teatro que en Galiza presenta a obra de compañías brasileiras, galegas e portuguesas.

Unha ponte necesaria que ofrece ao espectador a posibilidade de asistir a diferentes propostas escénicas contadas nunha mesma lingua con sotaques diferentes. Un proxecto que une a proximidade cultural entre territorios que comparten unha expresión común.

Pode o teatro ser a expresión deste patrimonio? Tal vez sexa necesario e urxente construír unha dramaturxia que mostre a nosa identidade común. Entre tanto, tendamos pontes entre as diversas expresións, deixemos que falen as narrativas de cada unha delas, viaxemos aos seus territorios e deixemos que no noso imaxinario se constrúan as pontes. Os organizadores agradeceron a colaboración presentada pola Concellería de Cultura de Gondomar que no ano de Roberto Vidal Bolaño abriu unha nova porta para o teatro en Galiza.

Dúas compañías galegas (Limiar Teatro e 8mm Teatro), dúas portuguesas (Fafe cidade das artes e Teatro Invisibel) e dúas brasileiras(Farándula e Teatro andante) desenvolverán o Festival Internacional de Teatro que terá por sede a vila de Gondomar do 24 ao 26 de maio.

As seis conforman o programa de Ponte…na escena, o primeiro festival internacional de teatro da lusofonía que se pon en marcha en Gondomar. A proposta xorde do impulso de Ponte…nas ondas, de ai o nome do certame pero tamén de Limiar Teatro  (Fran Núñez), membro desta última formación e implicado en Ponte nas ondas desde tempo atrás fala da “vocación de exhibir proxectos comúns da lusofonía”.

O programa centrará a súa actividade no Auditorio Municipal Lois Tobío, aínda que o venres 24, o bar Catro Camiños albergará "Unha historia de amor ao Tarantino (8mm. Teatro)" a partir das 23 horas con entrada libre e pase de gorra ao final.

O custe das entradas para o resto de espectáculos é de 4 euros por espectáculo, ou  un bono de 6 euros que permite o acceso ás dúas funcións do día.


Programa do Festival Internacional de Teatro "Ponte na escena"

Venres 24 de maio

  • Verbum Fahrheit (Limiar teatro – Galicia) 20 horas no Auditorio Lois Tobío.
  • Unha historia de amor ao Tarantino ( 8mm. Teatro – Galicia) 23 horas no Catro Camiños.

-Sábado 25 de maio, Auditorio Lois Tobío

  • Quando se abren os guarda-chuvas (Primus Cia de Atores – Río, Brasil) 20 horas
  • Olympia (Teatro andante – Minas Gerais, Brasil), 22 horas

Domingo 26 de maio, Auditorio Lois Tobío.

  • Labirinto de amor e morte ( Fafe cidade das artes – Fafe Portugal), 20 horas
  • A visita (Teatro Invisible – Lisboa Portugal), 22 horas.

 

Verbum Fahrenheit

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

Unha historia de amor ao Tarantino 

Dim lights Embed Embed this video on your site