Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O Contomar celebra a sesión de despedida do ano con títeres no auditorio Lois Tobío

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz do espectáculo Fábula GalénicaO domingo 23 de decembro, ás 18:00h, o Contomar despedirá o ano cunha sesión especial no auditorio Lois Tobío de Gondomar, grazas á colaboración da Concellería de Cultura. Trátase da función de títeres Fábula galénica, de Fantoches Baj.

O Lendo Contigo celebra o seu quinto aniversario cunha sesión conxunta co Comando Le

Correo-e Imprimir PDF

O neno canEste sábado, 22 de decembro, ás 12:00h, a Biblioteca de Gondomar acolle a derradeira sesión do ano 2012 do club de lectura compartida Lendo Contigo, que celebra ademais o seu quinto aniversario.

Unha novela gráfica de Kim Deitch, o martes no Club de Lectura Debuxadas

Correo-e Imprimir PDF

Capa do libro Na procura de Ed o Riseiro! - Rinoceronte editoraO vindeiro martes 18 de decembro, ás 20:00 horas, como vén sendo habitual, terá lugar unha nova sesión do Club de Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura, dedicado á lectura de novela gráfica ou banda deseñada. O título elixido nesta ocasión, arredor do que se centrará o debate das persoas asistentes, é Na procura de Ed o Riseiro, de Kim Deitch, editado por Rinoceronte editora.

O Auditorio Muncipal Lois Tobío acolleu a presentación do libro "retallos de GONDOMAR DO MIÑOR".

Correo-e Imprimir PDF

 gondo-do-minorOito localidades en Portugal e tres en Galicia levan por nome Gondomar. A vila e o concello miñorano que leva este topónimo derivado da antiga forma xermánica "Gundemari", ten unha historia, un patrimonio cultural, así como unha paisaxe xeográfica e humana que a fan única agás esta similitude toponímica. Un botón como mostra: "Gondomar amósasenos, amablemente, a xeito dun gran teatro cuxa parte máis elevada se chama, como era de esperar, Galiñeiro", sinala o mestre Miguel A. Mouriño no inicio duns dos limiares do libro retallos de GONDOMAR DO MIÑOR,  presentado o pasado sábado 15 de decembro de 2012, no Auditorio Municipal Lois Tobío.

O “12 do 12 ás 12” recitado simultáneo dos versos de Celso Emilio no IES Escolas Proval.

Correo-e Imprimir PDF

A tabarena_dogaloOs versos de Deitado fronte ao mar (Longa noite de Pedra) de Celso Emilio Ferreiro poderanse escoitar este mércores por toda Galicia. A proposta "Recitando a Celso Emilio, o 12 do 12 ás 12" lanzada pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística quere deste xeito homenaxear ao escritor cunha lectura simultánea deste poema nas aulas dos centros de ensino. No Val Miñor, o ENDL Chafarís (Escolas Proval), informa que está a preparar o recitado simultáneo con grupos de lectores dos distintos graos, que espallados por todo o instituto alzarán os versos do autor celanovés este mércores 12 de decembro ás 12 h.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL