Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Un novo grupo de danza moderna faise oco en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

01 08_12_actuacion-grupo-daO grupo de danza moderna do Centro Cultural de Peitieiros actuou o pasado sábado no auditorio Lois Tobio ante máis dun centenar de espectadores. A agrupación de danza, dirixida polo profesor José Rodríguez, ex participante do concurso televisivo Fama, e composta por dez alumnos, realizou cinco pases durante o espectáculo.

A construción das novas sociedades rurais galegas centra o novo curso da UIMP en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

CARTAZ UIMP_IEM" Dende o badal ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas" leva por título o curso de verán que a Universidade Internacional Menéndez Pelaya desenvolverá en Gondomar entre o 6 ao 8 de setembro. Co apoio das universidades d'A Coruña, Vigo e Santiago, o curso brindará créditos extra aos estudantes que participen. A organización do curso e as inscricións están a cargo do Instituto de Estudos Miñoranos, que albergará o mesmo na súa sede a Aula de Cultura Ponte de Rosas.

portAmerica: "Sesión Ligera" con Iván Ferreiro e Xoel López .

Correo-e Imprimir PDF

turnedoOs músicos Xoel López e Iván Ferreiro fixeron unha "Sesión Ligera" na praia da Area Fofa no marco dunha serie de vídeos promocionais cara o vindeiro Festival portAmérica, que se celebrará no parque empresarial de Porto de Molle os días 19, 20 e 21 de xullo. Neste encontro gravaron dous temas, "Tierra" (de Xoel) e "Turnedo" (de Iván), que xa tiñan interpretado xuntos o ano pasado cando Ferreiro editou a súa retrospectiva "Confesiones de un artista de Mierda".

 

PortAmérica estrea a súa Comunidade online.

Correo-e Imprimir PDF

O festival estrea a súa comunidade na redeBaixo o nome de "Comunidade Port América"  o Festival estrea a súa rede social gratuíta destinada a albergar as propostas innovadoras dos usuarios.

A organización regala 2 abonos dobres para á mellor idea "positiva, creativa e constructiva" que serva para facer unha sociedade mellor.

A productora viguesa encargada do festival PortAmércia, Esmerarte Servizos Artísticos, presentou esta semán unha nova iniciativa para portAmérica. A rede "Comunidade Port América" pretende dotar de voz ao individuo e demostrar o poder da cultura como motor de dinamización. Ademais de MercaInnova e Gastro, os mercados de talento que terán lugar no propio recinto do festival, Esmerarte pon agora en marcha A Comunidade portAmérica, un foro virtual de acceso gratuíto no que poder publicar proxectos e ideas desde calquera lugar, máis aló das datas de realización do festival.

Liguiña de improvisación teatral no Marrucho

Correo-e Imprimir PDF

A Taberna O Marrucho organiza a primeira "liguilla" de improvisación teatralA Taberna Marrucho aposta polo teatro para este verán organizando unha "liguiña" de improvisación teatral.

Os participantes terán que anotarse por parellas, e optarán a un premio único de 100€ cada fin de semán.

A Taberna Marrucho, sita no barrio da Percebilleira en Baiona, organiza os primeiros "Match" de improvisación teatral, dentro da súa axenda de verán baixo o nome "Improvísao". O mítico local baionés fai deste xeito a súa aposta decidida polo teatro e o novo circo. O concurso terá lugar na propia taberna nas noitiñas dos domingos de xullo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL