Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Exposición de pintura de Rubén Acuña no Venus Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

A ponte románica d'A Ramallosa - Óleo de Rubén AcuñaO xoven pintor nigranés amosará a súa obra na cafetería Venus de Nigrán a partir do xoves 5 de xullo baixo o nome "Nigrán ao óleo"

Os traballos de Rubén Acuña nesta exposición abranguen dende paisaxes como Monteferro a monumentos da comarca como a ponte románica d'A Ramallosa.

Unha morea de artistas, músicos e actores da terra animarán o verán 2012 en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

susana-seivaneO pulo cultural da produción galega nas artes ten no concello de Gondomar un escenario permanente ao longo do ano. Para vencellar o perfil, a Concellería de Cultura local apostou por un programa de lecer para este verán onde os protagonistas serán unha escolma de grandes artistas da terra que percorrerán o municipio dende o vindeiro 1 de xullo ate o domingo 23 de setembro.

ARGUMENTO(S) PARA UNHA FARSA. REFLEXIÓNS.

Correo-e Imprimir PDF
manufactura-pazo

Como consecuencia das conversas mantidas con ela, de ter percorrido a unha velocidade pertinente o desordenado estudio-obradoiro no que traballa, de observar durante longo tempo a obra que produce, de meditar sobre algunhas percepcións miñas e outras tantas certezas, cheguei á conclusión de que ROSALÍA PAZO precisa dun tempo lento para traballar; de que ama e goza coa xestación e procesado de cada unha das partes da obra durante un tempo tan imprescindible para ela coma o aire que, a intervalos constantes, lle inunda os pulmóns. Estou convencido de que aquel tempo de pescuda, maduración, elaboración e perfeccionamento da obra que tanto necesitaba e atormentaba a Beethoven, na distancia, é compartido en silencio por Rosalía. Se ben, a ela, non sei se a atormenta. 

Alumnos, profesores e pais ateigan o Lois Tobío na entrega dos premios do X Certame Literario D. Diego Sarmiento de Acuña

Correo-e Imprimir PDF

certame-conde-gondomar-3-O tradicional certame literario escolar de Gondomar organizado polo Concello de Gondomar coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos pechou este martes 19 de xuño, coa entrega de premios na súa décima edición.

-Os gañadores foron obsequiados cun cheque en metálico para consumir no comercio local de Gondomar

Entre libros, fogueiras e chourizos Espazo Lectura pecha unha abraiante tempada 2011-2012 coas fogueiras de San Xoán.

Correo-e Imprimir PDF

FogueiraCoa celebración da IV Fogueira dos Versos o vindeiro sábado 23 de xuño Espazo Lectura pechará unha tempada dificilmente igualable na historia da cultura e a dinamización lectora da bisbarra. A xuntanza comezará as 21 horas na Casa da Lectura (Nogueira, 8 – Donas), e a asociación convida a cativos e maiores a achegarse cuns versos para lelos á luz das fogueiras. Logo dunha cea compartida, haberá música e un espectáculo de maxia á media noite.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL