Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Exposición de pintura de Rubén Acuña no Venus Nigrán

Exposición de pintura de Rubén Acuña no Venus Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
A ponte románica d'A Ramallosa - Óleo de Rubén Acuña

O xoven pintor nigranés amosará a súa obra na cafetería Venus de Nigrán a partir do xoves 5 de xullo baixo o nome "Nigrán ao óleo"

Os traballos de Rubén Acuña nesta exposición abranguen dende paisaxes como Monteferro a monumentos da comarca como a ponte románica d'A Ramallosa.

Este novo artista de 22 anos natural da parroquia de Priegue aposta por unha temática variada de natureza, paisaxes mariñas, animais ou elementos do corpo humano, cunha clara inspiración realista. Unha afeción herdada do seu avó Jose Crespo, ao que dende neno observou e foi a súa fonte de inspiración.

O artista practica diversas técnicas como acuarela, grafito e óleo, técnica que amosa nesta que é a súa última exposición.

Dim lights Embed Embed this video on your site