Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Curtopía lanza orixinal chamado para presentar curtas este sábado no Alg-a Lab.

Correo-e Imprimir PDF

curtopia curtas_paellaSe tes unha curtametraxe e queres proxectala o sábado despois da paella curtópata, no Alg-a Lab, publica no muro de "Curtopia Vigo" en Facebook o título da curta, autor e duración. As tres curtas que mais "Gústames" sumen antes do xoves 22 as 14h. serán as seleccionadas. Imprescindible a asistencia para presentar a curta o sábado 24, as 17h coa curta en formato DVD ou Blu-ray (para outros formatos consultade coa organización). Non se poderán presentar curtas xa proxectadas en Curtopía 2012.

"Currículum Vitae", unha comedia de "rabiosa actualidade" chega esta fin de semana a Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

ccvv-Os actores Mónica García e Guillermo Carbajo porán en escena "Curriculum Vitae", unha comedia dirixida polo director Alex Sampayo, este sábado ás 22 horas no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío.

Definida pola crítica como unha comedia de "rabiosa actualidade", a obra teatral "Curriculum Vitae", xira entorno a un escenario por demais coñecido nestes tempos: ás entrevistas de traballo. Dirixida por Alex Sampayo (El Internado, Padre Casares, entre outras) conta cos actores Mónica García ("Citizen", "Moito conto") e Guillermo Carbajo (El Internado, Matalobos), todos eles membros de Redrum, unha das compañías máis novas e creativa do país.

Crónica da entrega do V Premio Victoriano Taibo Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

 

conchita-urbanoNun acto marcado no emotivo pola poesía e as palabras da escritora Conchita Álvarez Lebredo e no espectáculo artístico pola obra de Victoriano Taibo, desenvolveuse a entrega do V Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.  Rodeada por familiares, amigos e máis a presenza dun público que encheu as instalacións da Escola de Guillufe, Álvarez Lebredo, gañadora do certame, recibiu 3.000 euros en metálico aportados pola ELM, unha escultura do plástico Fino Lorenzo, e a impresión da súa obra galardoada Distancias e Simetrías, nunha edición de 500 exemplares ao coidado do Instituto de Estudos Miñoranos.

Entrega do V Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

2m c_alvarez_lebredoMúsica, teatro e poesía tecerán unha gala cultural que lle dará marco á entrega do V Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns á gañadora desta edición Conchita Álvarez Lebredo, consistente en 3000 € en efectivo, unha escultura creada para este certame polo artista Fino Lorenzo e a publicación do libro, Distancias e Simetrías, que se presentará neste acto. A cerimonia terá lugar o vindeiro sábado 17 de novembro a partir das 19:30 horas, nas instalacións da Escola de Guillufe. A escritora e xornalista Araceli Gonda será a encargada de dirixir a velada.

Exposición de fotos e documentos históricos da escola de Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

 

Imaxe da exposición - Gabino e Manuel-Gómez no curso 1955-56A Asociación "Chandebrito 1807" inaugurará o dia 15 de novembro unha exposición de máis de trinta fotografías e outros tantos documentos históricos da antiga casa escola de Chandebrito (Nigrán), que poderán ser visitados durante os meses de novembro e decembro neste mesmo local (Rúa da Igrexa, 2- 1º) de luns a venres de 17.00 a 19.00 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL