Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura "Currículum Vitae", unha comedia de "rabiosa actualidade" chega esta fin de semana a Gondomar.

"Currículum Vitae", unha comedia de "rabiosa actualidade" chega esta fin de semana a Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
ccvv

-Os actores Mónica García e Guillermo Carbajo porán en escena "Curriculum Vitae", unha comedia dirixida polo director Alex Sampayo, este sábado ás 22 horas no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío.

Definida pola crítica como unha comedia de "rabiosa actualidade", a obra teatral "Curriculum Vitae", xira entorno a un escenario por demais coñecido nestes tempos: ás entrevistas de traballo. Dirixida por Alex Sampayo (El Internado, Padre Casares, entre outras) conta cos actores Mónica García ("Citizen", "Moito conto") e Guillermo Carbajo (El Internado, Matalobos), todos eles membros de Redrum, unha das compañías máis novas e creativa do país.

A comedia está articulada sobre cinco textos de escritores e realizadores de coñecida traxectoria. Con "Traballo lixo", de Diego Ameixeiras, gañador do "Premio Xerais" de novela en 2006 dará comezo a obra. Araceli Gonda (Morgadáns -Gondomar), coñecida xornalista e guionista de series de éxito como Padre Casares, advertirá sobre os perigos de mentir nos currículos con "Puntocom". Avelino González, premiado con dous María Casares, ensinará con "Si e non", que ás veces un "enchufe" vale máis que mil palabras. Manolo Cortés, a través de "A espera"presentará a dous candidatos que agardan a súa quenda nunha estraña ETT. Finalmente o broche de ouro chega co texto de José Prieto (Premio Max), "Executiva Vs. Bolseiro), que introduciranos no marabilloso mundo dos bolseiros e as candidatas bipolares.

O espectáculo forma parte da programación da Concellaría de Cultura de Gondomar e ten un custe de 3,5 euros. Non hai escusa para perderlla.