Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O “Comando Le” organiza un Magosto Literario na Casa da Lectura en Donas.

Correo-e Imprimir PDF

comando leEste sábado, 10 de novembro, ás 18:00h, Espazo Lectura organiza a un magosto literario na Casa da Lectura (Donas) para presentar a nova actividade da asociación dirixida a rapaces e rapazas de 12 a 15 anos chamada Comando Le. Os rapaces e rapazas que xa forman parte do Comando ofrecerán castañas asadas e unha lectura de textos sobre os Dereitos Humanos, que é o tema arredor do que xiran as súas actividades ao longo deste trimestre. A este magosto de presentación do Comando Le poden asistir tanto adultos como nenos e nenas.

Sinxelas receitas para resistir a gravidade.

Correo-e Imprimir PDF

 

Cosmos-VIIINon queda xa moito espazo para verdades canónicas. Sospeito que hai, aínda, moito infinito, na nosa ollada máis ou menos benevolente. Flaubert, pola boca da súa personaxe Bouvard, dicía que os argumentos da ciencia artéllanse cos datos aportados por unha mínima parte do todo, sen coincidir, posiblemente, co resto que aínda ignoramos, moito maior e aínda por descubrir. Desa indiscutible premisa, Flaubert derivaba, loxicamente, que a verdade de hoxe é o erro de mañá, que todo é incerto e variable, contendo, en proporcións descoñecidas, tanta verdade como falsidade. De ai que, fronte ese baleiro existencial que vai da man dun coñecemento contemporáneo sempre precario, opoñamos esa feble e insegura ollada que ven a ser o fundamento da razón individual e autónoma. Se cadra, o sensentido xeral ven a ser a suma dos sentidos particulares e non a súa ausencia.  Aínda así, neste tempo saturado de redundantes obxectos, de esquivos xogos de espellos, de presuntas funcións e necesidades, de obsolescencias impostadas, de chambonadas máis ou menos ocorrentes e gratuítas, non deberíamos esquecer aquel esprit de finesse que Pascal prefería ao frío esprit de géométrie, ríxida e mecánica inercia que, desprazando todo interese polos fins, concéntrase única e exclusivamente nos medios.

O arquitecto Antonio Soliño Troncoso (Gondomar) recibirá o Premio Gran de Area 2012 do Colexio de Arquitectos de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

antonio-xeira-iem
O arquitecto gondomareño Antonio Soliño Troncoso será galardoado cun dos premios Gran de Area 2012 que entregarán as delegacións co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de Pontevedra e Vigo. A distinción foi outorgada polo proxecto "Rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar" que Soliño está a desenvolver nunha finca do barrio d'A Barga , na parroquia de Donas (Gondomar). A cerimonia de entrega dos galardón  terá lugar este venres 26 de outubro, ás 18 horas no Salón de Plenos do Concello de Campo Lameiro.

A nigranense Yolanda Gómez Fernández gaña o V Certame de Fotografía "Viaxando".

Correo-e Imprimir PDF

resizeA moza Yolanda Gómez Fernández (Nigrán), foi galardoada co primeiro premio do V Certame de Fotografía "Viaxando", pola súa fotografía "Choiva en Oxford Street". A obra foi seleccionada de entre 50 traballos que analizou o xurado formado polos fotógrafos José Anxo Gándara, Wladimir Brey, Antón Ferreira e Jorge Alonso, responsables dos xornais dixitais galiciasuroeste.info e Infomiño.

A Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro acaba de poñer á venda o libro titulado "Nós, Galiñeiro".

Correo-e Imprimir PDF

Nós, Galiñeiro. De Xosé Luis Méndez FerrínTrátase dunha recopilación de artigos de prensa de Xosé Luís  Méndez Ferrín, arestora Presidente da Real Academia Galega, publicados no Faro de Vigo, Hoja del Lunes, etc., que teñen un denominador común ao referirse a lendas, tradicións, etimoloxía ou microtoponimia e como non, ¡madía leva!, a problemas dese abstracto xeográfico que deuse en chamar "Terra de Turonio", problemas algún, que malfaladamente, seguen sen resolverse.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL