Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A nigranense Yolanda Gómez Fernández gaña o V Certame de Fotografía "Viaxando".

A nigranense Yolanda Gómez Fernández gaña o V Certame de Fotografía "Viaxando".

Correo-e Imprimir PDF
resize

A moza Yolanda Gómez Fernández (Nigrán), foi galardoada co primeiro premio do V Certame de Fotografía "Viaxando", pola súa fotografía "Choiva en Oxford Street". A obra foi seleccionada de entre 50 traballos que analizou o xurado formado polos fotógrafos José Anxo Gándara, Wladimir Brey, Antón Ferreira e Jorge Alonso, responsables dos xornais dixitais galiciasuroeste.info e Infomiño.

 

As fotografías poderán contemplarse en tódolos concellos que participaron na organización do certame, dando comezo a mostra no Concello da Guarda. O concurso foi promovido pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) dos municipios d'A Guarda, Baiona, O Rosal, Tomiño, Gondomar, Porriño, Salceda de Caselas e a Casa da Xuventude de Tui.