Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O arquitecto Antonio Soliño Troncoso (Gondomar) recibirá o Premio Gran de Area 2012 do Colexio de Arquitectos de Galicia.

O arquitecto Antonio Soliño Troncoso (Gondomar) recibirá o Premio Gran de Area 2012 do Colexio de Arquitectos de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
antonio-xeira-iem
maqueta-antonio
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte


O arquitecto gondomareño Antonio Soliño Troncoso será galardoado cun dos premios Gran de Area 2012 que entregarán as delegacións co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de Pontevedra e Vigo. A distinción foi outorgada polo proxecto "Rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar" que Soliño está a desenvolver nunha finca do barrio d'A Barga , na parroquia de Donas (Gondomar). A cerimonia de entrega dos galardón  terá lugar este venres 26 de outubro, ás 18 horas no Salón de Plenos do Concello de Campo Lameiro.

 

O traballo, xurdido no estudo gondomareño de Soliño, foi escollido entre 69 proxectos presentados para esta nova edición dos premios, e compartirá o recoñecemento do Colexio xunto con outras once creacións arquitectónicas visadas en Vigo e Pontevedra.

A decisión do Xurado premiou este ano oito obras executadas e tan só tres proxectos. Entre estes últimos, atópase o que Soliño Troncoso está a desenvolver nunha antiga finca rural do barrio d'A Barga. O recoñecemento do Colexio tamén abrangue á familia Costas - Collazo, propietarios da finca, aos que se lle entregará un certificado coa distinción. Feito que o Colexio realiza con todos os titulares de obras ou proxectos premiados, ca fin de salientar a súa sensibilidade e aposta polo valor arquitectónico dos mesmos.

Este recoñecemento á obra de Soliño ten lugar por segunda vez e de forma consecutiva, xa que no 2011 tamén recibira a distinción Gran de Area na categoría "Obra Nova" (agora xa executado), por "Casa para un músico xove e parella", na parroquia de Saíans (Vigo).

Noraboa a un compañeiro desta casa.

Os membros desta Redacción damos a Noraboa a Antonio, compañeiro columnista do xornal, e activo investigador e defensor do rico patrimonio cultural da bisbarra dende o Instituto de Estudos Miñoranos. Parabéns, Antonio!