Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Este sábado, 20 de outubro, nace o Comando Le, unha nova actividade de Espazo Lectura

Correo-e Imprimir PDF

Espazo lecturaEste próximo sábado 20 de outubro ás 12:00h Espazo Lectura convoca na Casa da Lectura (enriba da Biblioteca Municipal de Gondomar) unha xuntanza para botar a andar, dentro da súa programación de fomento da lectura, unha nova actividade dirixida a rapaces e rapazas de 12 a 15 anos: o Comando Le, un grupo de activismo cultural. Cada trimestre convidarémolos a achegarse a un tema diferente a través do cine, os debates, a música, as conversas, as saídas, a amizade e, por suposto, os libros. A reunión está aberta a todos os rapaces e rapazas que queiran informarse e integrarse neste grupo.

Este martes, sesión do club Lecturas debuxadas en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

 

Lecturas debuxadas en Espazo LecturaO club Lecturas debuxadas de Espazo Lectura, especializado en banda deseñada, celebrará este próximo martes 16 de outubro a primeira sesión desta tempada arredor da novela gráfica Cabana de Balieiros, de Tokio. A sesión comezará ás 20:00h e, a partir das 21:00h, incorporarase á mesma o autor para conversar cos lectores e lectoras sobre a súa obra.

Volve o Contomar de Espazo Lectura en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe das anteriores sesións de ContomarEste próximo luns ao Contomar de Espazo Lectura chegarán, entre outras, as historias de Chocolata, Rita ou Non quero ser un polbo, que nos permitirán achegar aos máis pequechos a sentimentos tan importantes como a amizade, os afectos ou a autoestima. A cita será ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenos e nenas de máis de 3 anos e as súas familias.

A relación epistolar Cunqueiro - Casal: un intercambio de intelixencias, soidades e amizade.

Correo-e Imprimir PDF

 

alvaro cunqueiro_efe1969011"Querido Alberto: Me llegan noticias de que estás enfermo: ayer intenté hablar con Vigo, a la mañana, pero el trato de ferias monopolizaba el teléfono. ¿Cómo estás, qué pasa? ¿Y cuándo sale de tu silencio una carta para mí?" (Mondoñedo, Outubro de 1959). A relación epistolar entre o escritor Álvaro Cunqueiro -autor das liñas que preceden- e o notario Alberto Casal -o destinatario-, agora recollida na obra Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961), nos permitirá gozar coa lectura deste intercambio de "intelixencias", así como descubrir "a biografía interior de Cunqueiro", como adianta o seu fillo César no prólogo da mesma .

A Concellaría de Cultura de Gondomar dá coñecer a programación do Lois Tobío até fin de ano.

Correo-e Imprimir PDF

Actuacion-Retrucos-Gondomar-Danza, música, teatro infantil e para adultos, monólogos, clown e maxia no Lois Tobío ata finais de ano

-A Concellería de Cultura deseñou para o auditorio Lois Tobío unha programación variada e de calidade que volve situar a Gondomar como referente para os amantes das artes escénicas do sur de Pontevedra

-Cándido Pazó, Josito Porto, Teatro do Morcego, Mamá Cabra e Fantoches Baj son algunhas das propostas que o a auditorio acollerá ata finais de ano

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL