Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Arte rupestre e memoria histórica, dúas actividades do IEM presentes no X Congreso da AIEG en Caerdydd.

Correo-e Imprimir PDF

xose lois_vilar"Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos" é o lema baixo o que se desenvolverá o X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. A mesma terá lugar os días 12, 13 e 14 de setembro en Caerdydd, capital de Gales. O Instituto de Estudos Miñoranos estará representado polo seu Vice director Xosé Lois Vilar Pedreira .

Play-Doc abre a convocatoria para participar na súa novena edición

Correo-e Imprimir PDF

angel-dana- Quen desexen formar parte da selección de 2013 do Festival Internacional de Documentais de Tui deberán enviar os seus traballos antes do 30 de novembro de 2012

Distancias e Simetrías, de Mª Concepción Álvarez Lebredo, gaña o V Certame de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

 

2m c_alvarez_lebredoO xurado do V Premio de Poesía Victoriano - Entidade Local de Morgadáns acordou declarar gañadora da convocatoria deste ano o poemario Distancias e Simetrías, do que é autora Mª Concepción Álvarez Lebredo.

Inaugurouse o curso "Dende o badal ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas", no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

aula-ponte-de-rosas-2En Galicia xa "non se sabe tocar as campás" e tampouco "se entenden" , reflexionou Xosé Luis Barreiro Rivas, director autonómico da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) na conferencia inaugural do curso "Dende o badal ao clic", que estase a desenvolver ata o vindeiro sábado en Gondomar. "Sucede que a sociedade xa non o necesita", engadiu. A intervención de Barreiro Rivas centrouse na crise do modelo rural tradicional e os seus imaxinarios sociais até o baleiro de estratexias alternativas na que se atopa, ao seu entender, o país nestes intres.

O Centro Cultural de Parada chama a interesados a participar nos ensaios da rondalla.

Correo-e Imprimir PDF

listening-to-musicA vida musical de Parada toma novos folgos co inicio dos ensaios da rondalla do Centro Cultural da devandita parroquia de Nigrán. Os mesmos son abertos a calquera persoa que desexe participar, segundo comunicou a comisión directiva. O primeiro encontro tivo lugar o pasado martes e continuarán cada semana nese mesmo día no horario de 21h a 22:30h. Os interesados -que poden provir de calquera parroquia e concello -contan co teléfono de contacto 628986597,posto a disposición polo Centro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL