Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Exposición de fotos e documentos históricos da escola de Chandebrito

Exposición de fotos e documentos históricos da escola de Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe da exposición - Gabino e Manuel-Gómez no curso 1955-56
Documentacion da escola - Imaxe da exposición
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

 

A Asociación "Chandebrito 1807" inaugurará o dia 15 de novembro unha exposición de máis de trinta fotografías e outros tantos documentos históricos da antiga casa escola de Chandebrito (Nigrán), que poderán ser visitados durante os meses de novembro e decembro neste mesmo local (Rúa da Igrexa, 2- 1º) de luns a venres de 17.00 a 19.00 horas.

Durante estes meses previos a asociación recopilou moitos documentos e fotografías. O máis antigo data do ano 1923 -momento no que comeza o funcionamento da escola. Na documentación recopilada atópanse escritos realizados en diferentes etapas, dende a ditadura de Primo de Rivera, pasando pola segunda República, a guerra civil, o franquismo e tamén nos anos 80, cando os veciños rehabilitan a escola. A recopilación do material contou coa valiosa colaboración de mestras e familiares de mestras que estiveron ao frente do centro educativo, polo que a asoicación agradeceron ás mesmas a súa achega.

A exposición complementarase cun artigo que se publicará o ano que ven, que incluirá as fotografías e documentos de maior interese, motivo polo que se seguirá investigando en diversos arquivos públicos e privados.

Con elo, esta Asociación quere render un merecido homenaxe a esta escola, na que se formaron moitos veciños da parroquia ata que desafortunadamente se procedeu ao seu peche no ano 2009 por falta de alumnado.