Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Liguiña de improvisación teatral no Marrucho

Liguiña de improvisación teatral no Marrucho

Correo-e Imprimir PDF
A Taberna O Marrucho organiza a primeira

A Taberna Marrucho aposta polo teatro para este verán organizando unha "liguiña" de improvisación teatral.

Os participantes terán que anotarse por parellas, e optarán a un premio único de 100€ cada fin de semán.

A Taberna Marrucho, sita no barrio da Percebilleira en Baiona, organiza os primeiros "Match" de improvisación teatral, dentro da súa axenda de verán baixo o nome "Improvísao". O mítico local baionés fai deste xeito a súa aposta decidida polo teatro e o novo circo. O concurso terá lugar na propia taberna nas noitiñas dos domingos de xullo.

Dinámica do concurso.

Dúas parellas actuarán cada domingo ante un árbitro e o propio público que faran de xuices. O público anotará os temas que queren que os actores improvisen, así como o estilo teatral. Un total de 8 improvisacións cun tempo máximo de 5 minutos, divididas en quendas de 45 min.

Que é o "match de improvisación"

O match de improvisación teatral foi creado o 21 de outubro de 1977 en Quebec, baixo a dirección do Théâtre Expérimental de Montréal, por Yvon Leduc e Robert Gravel, que desexaban experimentar novas formas teatrais e de achegamento ao público. Co fin de romper o elitismo do teatro tiveron a idea de utilizar un formato deportivo, e parodiaron a normativa do hockey sobre xeo.

O concepto foi rexistrado baixo o nome de «Match de improvisación» e o Mundial de improvisación (en español e en francés) foi igualmente introducido.

Ao principio esta forma de competición foi censurada polos actores: por unha banda atacaba a metodoloxía clásica; por outra revelaba a competitividade que existía realmente no mundo do teatro. Pero esta idea de conflito, fonte de perigo para os improvisadores, interesou ao público e impulsou a improvisación, apoiando a creatividade e a espontaneidade.

O concepto desenvolveuse con gran éxito primeiramente en Quebec, e dentro do mundo francófono e de fala hispana en Arxentina e España. Existen ligas de improvisación por todo o mundo en diferentes linguaxes, como en inglés en Estados Unidos.

Inscricións

Os interesados ou interesadas poderán anotarse enviando un correo ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou chamando directamente ao teléfono 693 610 866

A asistencia como público terá un custo de 3€ 

Máis info en https://www.facebook.com/tabernamarrucho