Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura “Fotografía, verdade, verosimilitude…” Nova TERTULIA do IEM con Vítor Vaqueiro Foxo.

“Fotografía, verdade, verosimilitude…” Nova TERTULIA do IEM con Vítor Vaqueiro Foxo.

Correo-e Imprimir PDF
vitor-vaqueiro-copia

 

Este venres, 10 de maio, TERTULIA do IEM co escritor, fotógrafo e profesor, Vítor Vaqueiro Foxo, co título "Fotografía, verdade, verosimilitude".. O convidado será presentado polo director do IEM, Carlos Méixome. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ata o xoves 9 de maio ás 22 horas.

O autor.

Vítor Vaqueiro Foxo (Vigo, 1948), estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago e despois duns anos (até 1986) de exercicio docente de matemáticas no ensino medio decidiu dedicarse á fotografía, en torno á cal impulsou numerosas actividades.

A súa andaina literaria está marcada pola poesía, xénero que cultivou case en exclusiva durante os anos 80. O seu primeiro libro de narracións foi O soño dirixido (1992), ao que seguiron outros. Tamén desenvolveu un importante traballo no eido da divulgación sobre as festas populares de Galicia.

En 2003 obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, pola súa tese A obra fotográfica dos Pacheco no período 1909-1936.