Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A Escola de cine e teatro Val Miñor inaugura este sábado os seus cursos no Casino de Sabarís.

A Escola de cine e teatro Val Miñor inaugura este sábado os seus cursos no Casino de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF
rodaje-2

Os amantes das artes escénicas terán na bisbarra un espazo onde dar os primeiros pasos na actuación diante cámaras ou nas táboas teatrais. Os actores Antela Cid e Fran Peleteiro acaban de lanzar a Escola de cine e teatro Val Miñor que a partir deste sábado ás 12 horas comezará a impartir cursos no Casino de Sabarís.

 

A Escola abrirá cun grupo de teatro para adultos (a partir dos 17 anos), que partindo de "xogos dramáticos e improvisación aprenderán a actuar en grupo", sinala Antela Cid, co obxectivo de descubrir "o marabilloso mundo do teatro". Pero a iniciativa tamén abrangue a cativos e mozos que poderán participar en cursos de teatro, teatro musical, artes escénicas, interpretación para cine e tv, e técnicas cinematográficas.

Os interesados en informarse ou inscribirse na Escola de cine e teatro Val Miñor dispoñen dos teléfonos 679796069 ou 610975158, tamén a través do correo electrónico , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou dándose unha volta o sábado dende as 12 ás 13:30 horas polo Casino de Sabarís.