Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Convocatoria 2013 ao VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns.

Convocatoria 2013 ao VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
Díptico 2013 Página_1

 

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.

As cinco edicións anteriores acadaron importantes éxitos de participación (arredor de 45 orixinais) e crítica. Os autores premiados ata o de agora foron Carlos Negro, Mª Carmen Caramés, Elvira Riveiro, Silvia Penas, Mª Goretti Fariña, Calros Solla e Conchita Álvarez Lebredo.

Victoriano Taibo foi unha figura sobranceira nos dous primeiros terzos do século XX. Mestre de profesión, membro da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos Históricos do Minho, lingüista e escritor, publicou Abrente (1922), Da vella roseira (1925) e Da agra aberta, contos e lêndas (1956), reeditada agora polo IEM; Follas novas editou recentemente os seus poemarios Abicedo e Cabrinfollas.

Preme aquí para descargar as bases.