Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O programa “O Debate” inaugura este martes a nova canle galega Irmandade TV.

O programa “O Debate” inaugura este martes a nova canle galega Irmandade TV.

Correo-e Imprimir PDF
aurelio-lopez

Unha nova iniciativa únese á rede de medios en galego. Este martes, 11 de Xuño, ás 21:30 nace Irmandade TV da man do programa "O Debate", conducido por Aurélio Lopes. A primeira emisión analizará a quebra das caixas galegas e a estafa das preferentes. Os programas poden ser visionados cada martes a través do web www.irmandade.tv e os telespectadores poden participar no debate a través da etiqueta en Twitter #GalizaSenCaixas e a páxina en Facebook www.facebook.com/IrmandadeTV.

Irmandade TV defínese como unha televisión galega na rede "encadrada nunha liña editorial nacionalista, soberanista e de esquerdas, utilizando o galego como lingua vehicular.
Segundo os seus fornecedores, o programa de "O Debate" tratará "aqueles temas que son relevantes e cruciais para o País; aportando o contexto máis amplo posíbel con aquelas persoas que teñan cuestións sensatas, importantes e clarificadoras que expor para que o telespectador saque as súas propias conclusións e decida". O espazo pula por "democratizar a información e utilizar as redes sociais para que o telespectador participe e opine"
Irmandade TV anuncia a próxima incorporación na súa grella con novos contidos e formatos que abordarán os eidos musicais, culturais, de cociña, etc. Neste senso a canle ten asinado un convenio de colaboración en parcería co portal www.gzvideos.info

Dim lights Embed Embed this video on your site