Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Presentación da Associação José Afonso (AJA) no Val Miñor.

Presentación da Associação José Afonso (AJA) no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
jose afonso

O vindeiro xoves 6 de xuño terá lugar a presentación da Associação José Afonso (AJA), na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10 baixo, Gondomar), a partir das 20:30 horas. O acto contará coa proxección dun documental sobre o músico e compositor José "Zeca" Afonso e unha actuación poético musical de libre participación.

A actividade forma parte dunha xira de presentación de AJA por todo o país na procura de fornecer os lazos culturais que tendera o mítico creador da peza  Grândola, Vila Morena con Galicia. No acto terá lugar un coloquio a cargo de membros do proxecto AJA en Portugal e Galicia.

Programa:

-Documental sobre José Afonso (20 minutos)

-Presentación e coloquio con :

PAULO ESPERANÇA, Vice-presidente da AJA

JUDITE ALMEIDA e JOANA AFONSO do núcleo AJA Norte

XICO DE CARINHO, S.C.Na Virada e directivo galego da AJA

- Intervención poético-musical sobre José Afonso de libre participación.