Mércores, 7 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

Unha familia desaloxada por orden xudicial esta tarde no Casco Vello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

familia 1María Luisa, de 52 anos, con dous fillos e sen traballo foi desaloxada esta tarde dun baixo onde vivía dende hai 42 anos no Casco Vello de Baiona. Un ano sen abonar unha renda de pouco máis de 50 euros foi o motivo polo que o xuíz ordenou o desafiuzamento. Os fillos de María Luisa son maiores de idade, mais un deles sofre a Síndrome de Pierre-Robin, unha enfermidade xenética que esixe un tratamento especial.

Isabel Domínguez (PSOE) rexeita a decisión de Almuíña de retirar a Baiona da Mancomunidade de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

isabel-atrilA proposta de retirar a Baiona de Mancomunidade de Vigo feita polo gobernante PP atopará a oposición da agrupación socialista local. A medida, baseada na acusación de que o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, non adoita unha actitude de consenso á hora de xestionar medidas e que a mancomunidade non aporta beneficios aos baioneses, foi refutada pola  portavoz do PSOE-Baiona, Isabel Domínguez. A concelleira informa que os pouco máis de 10 mil euros anuais que o Concello aporta a esa administración, lévanlle reportado ao municipio case 300 mil euros só en proxectos de desenvolvemento rural (PRODER) nos últimos catro anos. Por outra banda, sinala que a actitude do actual rexedor baionés, o popular Jesús Vázquez Almuíña, non é de feito "un exemplo en materia de exercicio democrático do poder e moito menos fai gala dunha política de consensos á hora de gobernar."

O Concello de Baiona abandonará a Área Metropolitana de Vigo a proposta do PP.

Correo-e Imprimir PDF

concello baionaO Partido Popular quere retirar ao Concello de Baiona da Mancomunidade da Área Metropolitana de Vigo. "A día de hoxe, 12 anos despois, e tras catro de paralización, non se vislumbra un proxecto real e moito menos ilusionante que nos manteña unidos", manifesta no argumentario da moción xa presentada no rexistro municipal e que se debatirá no vindeiro pleno de decembro. Pola súa banda, o rexedor baionés, Jesús Vázquez Almuíña responsabilizou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, polas súas "actitudes" e o feito de "non consensuar as decisións". A alcaldía convocou para mañá xoves aos portavoces dos grupos municipais para informarlles do asunto.

Baiona presentará a súa oferta turística na Feira de Turismo de Valladolid.

Correo-e Imprimir PDF

Concejala-de-Turismo-en-PreBaiona promoverá os seus atractivos turísticos na Feira de Turismo de Valladolid (INTUR), facendo finca pé nas visitas na tempada baixa, as escapadas curtas da fin de semana e na súa oferta gastronómica. Para iso, e baixo o lema "Baiona, todo el año", distribuirase material informativo, e sorteará unha estancia de fin de semana no Parador de Baiona entre os visitantes ao evento. A feira terá dende o vindeiro xoves ata o domingo 27 de novembro.

A Xunta aproba definitivamente a modificación das normas para baixos comercias en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

casco vello_baionaOs baixos comerciais que non superen os dous metros e medio de altura xa poden ser utilizados como locais comerciais na zona do casco vello de Baiona. Así o ditaminou a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, ao aprobar de forma definitiva a modificación puntual, nº 6 do PXOU baionés, relativo á altura dos locais comerciais.

"Explorando Baiona para coñecela e querela", unha experiencia formativa cos cativos da Vila Real.

Correo-e Imprimir PDF

lonxacativosOs nenos e nenas do concello de Baiona teñen a posibilidade de percorrer a historia do municipio, coñecer os seus recursos e gozar da súa riqueza patrimonial, a través charlas e roteiros organizados polo módulo de Información Turística Local e Atención ao Visitante do Obradoiro de Emprego Ergasía. Esta iniciativa lúdico - didáctica, estase a desenvolver dende o pasado mes de outubro.

Baiona despois do 20-N: PP 56,95%, PSOE 23,90%, BNG 10,73%, EU-V 4,01%, UPyD 1,54%.

Correo-e Imprimir PDF

 

Á 23.12 horas do pasado domingo pechou o escrutinio dos votos emitidos no Concello de Baiona, onde os populares obtiveron unha contundente vitoria electoral cun 56.94%  das vontades.  A participación cidadá alcanzou o 72,45%  do padrón e 2.721 electores decidiron non concorrer a votar.

A Xunta de Galicia destinará axudas para rehabilitar as zonas de Baiona e Oia afectas polos temporais.

Correo-e Imprimir PDF

ro-grobaO Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión de onte decidiu habilitar un investimento de 164.645 euros para a execución de seis obras de emerxencia nos concellos de Oia, Baiona e Agolada co fin de facer melloras en zonas afectadas polos temporais da semanas pasadas.

Detido un mozo por tráfico de drogas tras ser perseguido pola Garda Civil en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

 

A Garda Civil detivo en Baiona a un mozo como presunto suposto autor dun delito de tráfico de drogas, tras ser perseguido por axentes por rúas da localidade.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL