Mércores, 7 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

Todo listo en Baiona para acoller a Festa da Arribada 2012

Correo-e Imprimir PDF

Baiona prepárase para acoller unha nova edición da Festa da Arribada

Todo está listo en Baiona para acoller unha nova edición da Festa da Arribada en conmemoración do 519 aniversario da chegada da Carabela La Pinta coa noticia do descobremento do "novo mundo" aquel 1 de marzo de 1493.

As rúas de Baiona vestirán as súas mellores galas para acoller esta festa medieval declarada de Interese Turístico Nacional, que cada ano atrae a milleiros de visitantes á vila baionesa.

Recollida de sinaturas para a creación dunha ludoteca en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Pais e nais de Baiona solicitan a creación dunha ludoteca municipal en O BurgoEste é o obxetivo proposto por un grupo de nais e pais de Baiona que solicitan a ubicación dunha ludoteca nas, recentemente pechadas, instalacións municipais da Escola Infantil de O Burgo en Baiona.

Un servizo social básico nunha situación laboral na que os problemas de conciliación laboral e familiar supoñen un atranco para moitas familias á hora de poder aceptar ou procurar traballo dados os problemas de felixibilidade horaria dos que dispoñen ao ter que facerse cargo dos cativos ou depender de terceiros para facerse cargo.

O BNG vai romper porque non é o mesmo BNG de toda a vida

Correo-e Imprimir PDF

xose enrique_fernandez_dimision_bng_baionaXose Enrique Fernández, actual portavoz do BNG en Baiona que recentemente anunciou o seu afastamento do partido, sincerouse antes as cámaras de VIA TV para falar dos motivos da súa marcha. 

O portavoz nacionalista manifestou a súa opinión de que o Bloque atópase nunha situación dificil, e non dubida en expresar a súa opinión sobre unha división e ruptura como partido porque considera que non é o mesmo BNG de toda a vida..

 A decisión da renuncia e o abandono do partido por parte do nacionalista baionés xurdiu a raiz da última Asamblea Nacional do BNG celebrada en Santiago, onde a UPG copou prácticamente todos os órganos executivos do partido despois das votacións.

A casa escola de O Burgo aínda con destino incerto.

Correo-e Imprimir PDF

garderiainfatilCon máis de 40 anos de actividade como centro de educación infantil e casa escola de O Burgo será destinada a "outros usos de carácter social". Así o resolveu por maioría a corporación municipal de Baiona, logo de rechazar unha solicitude de urxencia do grupo socialista para dedicar as súas instalacións á creación dunha segunda gardería infantil para o concello de Baiona.

O camping de Ladeira non só non derruba se non que constrúe dous bungalows máis

Correo-e Imprimir PDF

camping ladeiraDepois de que onte saltara aos medios de comunicación a orden de execución da sentenza de derrubo por parte do concello á empresa propietaria dos 34 bungalows ilegais construídos no ano 2000 no camping Baiona Playa, a noticia segue dando que falar xa que o grupo municipal do BNG de Baiona puxo en coñecemento durante o pleno de onte o traslado de outra denuncia máis ante a Fiscalía de Medioambiente pola construcción de máis bungalows no ano 2011.

O concelleiro nacionalista de Baiona, Xosé Enrique Fernández abandona o BNG.

Correo-e Imprimir PDF

xose enrique_bngA noticia foi comunicada extraoficialmente esta tarde, e confirmada a Valminor.info por fontes da propia agrupación. Fernández, ao igual que outros militantes nacionalistas, marcharía por non compartir a actual liña política do Bloque, xurdida da pasada Asemblea Nacional celebrada a fin de semana en Santiago. Segundo as mesmas fontes, o concelleiro conversará nas próximas horas cos actuais representantes do Bloque a fin de chegar a un acordo para manter o seu posto na corporación municipal en calidade de non afiliado.

A bicarse sen medo! O alcalde de Baiona rectifica e retira o control de actos "obscenos" na vía pública.

Correo-e Imprimir PDF

beso-blanco
O alcalde Jesús Vázquez Almuíña rectifica e quitará as referencias aos actos "sexuais" ou "obscenos", do texto de modificación da Ordenanza de Convivencia Cidadá proposta para o vindeiro pleno. A incerteza sobre o tipo de actos sobre os que podería penalizarse e a morea de reaccións contrarias que provocou a publicación da iniciativa, fundamentalmente nas redes, foi motivo suficiente para que a petición do grupo municipal socialista, o rexedor aceptará quitar calquera referencia ao termo do texto do acordo. A portavoz do PSOE Baiona, Isabel Domínguez, que foi quen deu a alarma sobre a existencia desta iniciativa de cara ao pleno, felicitouse da actitude do alcalde "Rectificar é de sabios", dixo.

Multas de ata 3000€ para quen practique sexo ou realice obscenidades nos espazos públicos de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

obscenoDespois da solicitude da Asociación de Veciños do Casco Histórico de Baiona, o alcalde Jesús Vázquez Almuíña aprobará no vindeiro pleno municipal unha modificación da Ordenanza municipal de Convivencia Cidadá que prohibirá "todo tipo de actos sexuais e obscenos" na vía pública ou no interior de vehículos que se atopen en calquera espazo público, "sempre que ditos actos trascendan ou se perciban desde calquera ámbito público". A ordenanza non especifica que tipo de actos serán considerados "obscenos".

O Concello de Baiona abre o prazo para aspirantes aos postos da Festa da Arribada 2012.

Correo-e Imprimir PDF

postos arribadaO Concello de Baiona deu a coñecer as bases para aspirar aos postos de edición 2012 da Festa da Arribada. Para obter posto de venda no Real Mercado Medieval é mester solicitalo no Concello en impreso oficial ata ó 15 de febreiro. A festa celebrarase os días 3 e 4 de marzo de 2012, dende as 10:00h da mañá ata as 23:00horas. A adxudicación dos postos de venda farase en acto público o sábado día 18 de febreiro ás 11:00h da mañá no Salón de Plenos do Concello.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL