Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Recollida de sinaturas para a creación dunha ludoteca en Baiona

Recollida de sinaturas para a creación dunha ludoteca en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Pais e nais de Baiona solicitan a creación dunha ludoteca municipal en O Burgo

Este é o obxetivo proposto por un grupo de nais e pais de Baiona que solicitan a ubicación dunha ludoteca nas, recentemente pechadas, instalacións municipais da Escola Infantil de O Burgo en Baiona.

Un servizo social básico nunha situación laboral na que os problemas de conciliación laboral e familiar supoñen un atranco para moitas familias á hora de poder aceptar ou procurar traballo dados os problemas de felixibilidade horaria dos que dispoñen ao ter que facerse cargo dos cativos ou depender de terceiros para facerse cargo.

A iniciativa xurde a raiz da noticia publicada por valminor.info sobre o peche e cambio dos usos da Escola Infantil de O Burgo acordada no último pleno municipal. A corporación municipal acordaba o uso das instalacións como "centro social, cultural ou de ocio para os veciños". Por este motivo Sonia Pérez, nei e veciña de Baiona, tomou a iniciativa de impulsar unha campaña en Facebook de recollida de sinaturas para recabar apoios e poder volver a presentar a solicitude ante o concello de Baiona e a Xunta para que estudien a proposta.

Conciliar vida familiar e laboral.

Este é un dos principais motivos esgrimidos no escrito de recollida de sinaturas da campaña, pero no é o único. As instalacións da Escola infantil de O Burgo xa están adaptadas para acoller aos máis cativos e son de titularidade municipal polo que non debería ser moi complicado manter o seu uso reorientado a unha ludoteca. O modelo de éxito a seguir sería o da ludoteca municipal de Gondomar onde acuden 35 nenos e nenas e resultan un desafogo para as familias que non poden deixar os nenos ao cargo de coidadores ou familiares para poder traballar polas tardes.

As instalacións de o Burgo que albergaron durante 40 anos a Escola Infantil sería o sitio ideal para acoller este tipo de servizo sen que o concello tivese que facer un desembolso inicial para adaptar outras instalacións municipais. Un servizo que cubriría non só o período do curso escolar se non a eiva estival onde a oferta dos campamentos urbáns se reducen a un só mes e en horario de mañá e cun custe de 80€/mes por neno.

Máis información: Grupo en Facebook, campaña en Actuable.es para asinar a petición por internet