Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A casa escola de O Burgo aínda con destino incerto.

A casa escola de O Burgo aínda con destino incerto.

Correo-e Imprimir PDF
garderiainfatil

Con máis de 40 anos de actividade como centro de educación infantil e casa escola de O Burgo será destinada a "outros usos de carácter social". Así o resolveu por maioría a corporación municipal de Baiona, logo de rechazar unha solicitude de urxencia do grupo socialista para dedicar as súas instalacións á creación dunha segunda gardería infantil para o concello de Baiona.

 

A intención da maioría popular é que o edificio sexa aproveitado polos veciños como centro social, cultural ou de ocio. Así o fixeron saber no pleno, concordando co xa anunciado en oportunidade do peche do centro pola concelleira de Eduación María Jesús Garbín. Nembargante, a portavoz socialista Isabel Domínguez Quintas, intentou convencer ao pleno da necesidad urxente de que Baiona conte cunha segunda gardería infantil. A edil argumentou no debate, que a xa existente en Baiona está desbordada, tendo moitos veciños que mandar aos seus fillos a servizos noutras localidades.

Domínguez, pretendía aproveitar a votación do cambio de cualifiación xurídica do centro como ben patrimonial do municipio, para que a corporación ordenase a redacción dun proxecto de gardería como destino final do inmoble. A portavoz salientou a situación estratéxica do mesmo, que permitiría acoller usuarios tanto de O Burgo, como de Sabarís e Baíña.

Finalmente a maioría popular desestimou o carácter urxente da iniciativa socialista. Isabel Domínguez manifestou a Valminor.info que o grupo municipal deberá esperar agora ao pleno do mes de abril, para discutir a proposta, a que deberá ingresar dentro do temario do orzamentos 2012 que debaterá a corporación nesas datas.