Domingo, 12 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona Presentan no Concello de Baiona 1.454 sinaturas a prol dunha ludoteca no Burgo.

Presentan no Concello de Baiona 1.454 sinaturas a prol dunha ludoteca no Burgo.

Correo-e Imprimir PDF
oburgo

A recollida de sinaturas a prol da instalación dunha ludoteca nas vellas instalación da Escola Municipal do Burgo, acadou 1.1454 firmas que foron entregadas este mediodía no Concello de Baiona. A campaña xurdiu a partir dunha decisión do pleno municipal que quería converter a escola recentemente pechada, nun centro de lecer e ocio veciñal.

 Os veciños mobilizados entenden que a ludocteca cumpre cun servizo social básico para moitas familias á hora de poder aceptar ou procurar traballo dados os problemas de felixibilidade horaria dos que dispoñen ao ter que facerse cargo dos cativos ou depender de terceiros para facerse cargo.

A iniciativa xurde a raíz da noticia publicada por valminor.info sobre o peche e cambio dos usos da Escola Infantil de O Burgo acordada no último pleno municipal. A corporación municipal acordaba o uso das instalacións como "centro social, cultural ou de ocio para os veciños". Por este motivo Sonia Pereira, nai e veciña de Baiona, tomou a iniciativa de impulsar unha campaña en Facebook de recollida de sinaturas para recoller apoios e poder volver a presentar a solicitude ante o concello de Baiona e a Xunta para que estuden a proposta.