Hoxe ao mediodía os comerciantes de Sabarís volveron a manifestar diante da Praza de Abastos contra o inicio das obras de humanización da Rúa Julian Valverde durante a tempada estival. Segundo os comerciantes o traslado da tradicional feira dos luns -consecuencia do inicio das obras-, volveu a prexudicar as ventas do día, nomeadamente as da Praza de Abastos, onde informan que os praceiros deberon retornar as súas casas coa maioría da mercancía sen vender.
Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor
Novas protestas na Praza de Abastos de Sabarís.
Faladoiro de EU "O colapso do capitalismo español e as súas consecuencias", en Baiona.
Juan Fajardo Recouso, cabeza de lista por Pontevedra de Esquerda Unida nas próximas autonómicas e actual concelleiro de Vilagarcía se presentará en Baiona para desenvolver un faladoiro sobre "O colapso do capitalismo español e as súas consecuencias". O acto, de carácter público, tamén contará coa intervención do ex catedrático de economía da Universidade de Vigo, Luís Outes Ruso. A actividade terá lugar este venres 8 de xuño no colexio de Covaterreña (Rúa Agrelo s/n) a partir das 20 horas.
O Concello de Baiona entregou os premios do I Concurso de Tapas "Bai de Tapas".
Nun acto público, celebrado este mércores 6 de xuño pola mañá no Salón de Plenos do Concello de Baiona, foron anunciadas as tapas premiadas do I Concurso de Tapas de Baiona "Bai de Tapas". Os premios outorgados polo xurado foron os seguintes:
Os comerciantes de Sabarís decláranse en loito oficial: "Sin el mercado nos morimos".
"Sin el mercado nos morimos", berra un cartel feito pola Comisión de comerciantes e empresarios de Sabarís (COEMSA) que dende esta mañá está a circular nas redes, a través de correos electrónicos e nos escaparates dos negocios e vivendas da zona. Os afectados informan que a Rúa Julian Valverde "es ya de un solo sentido y con el tramo desde la rotonda de Puente Románico al Callejon del Herrero sin poder parar o aparcar".
Acampadas escolares na XI Semana Verde 2012 en Baiona.
Os próximos días 25,26 e 27 de xuño, o Concello de Baiona, a través da Concellaría de Deportes, en colaboración con ANPAS centros públicos escolares de Baiona, Protección Civil Val Miñor, Asociación veciñal de montes de man común de Bahiña, Concellaría de Medio Ambiente de Baiona e a Xunta a través da Conselleria de medio Rural organizan unha nova acampada en Chan da Lagoa para os escolares do municipio.
Os comerciantes de Sabarís comezan a notar a baixa de ingresos nos seus negocios ante o caos de organización do mercado
"Ni tenemos mercado, ni han empezado las obras" así de indignados mostrábanse onte un centenar de comerciantes de Sabarís ante a falta de coordinación e información por parte do Concello.
As cafeterías e supermercados da Avda Julián Valverde notaron xa as consecuencias económicas da reubicación dunha parte do mercado de Sabarís na zona do cemiterio.
De Sabarís e outras deshumanizacións
Aínda abraiado polo repentino interese cultural da Asociación local de Comerciantes e Empresarios, o pasado domingo, 13 de maio, acudín, con dúas pequenas acuarelas, á segunda edición dunha mostra de pintura e escultura que, no mercado de Sabarís, convoca a devandita asociación. É coñecido o vello método de acudir ás artes cando se procura unha imaxe cultivada e desinteresada. Outra cousa non hai. Pois, a verdade, así, entre nos, se calquera dos membros da asociación quixera botar unha man aos artistas, de calquera cor e condición, tiveron anos dabondo, nos seus hoteis e establecementos públicos, para facelo. E como sempre, o de menos é a exposición. Un confuso revoltallo, mal pensado e mesturado, que anulaba todo tento racional de distinguir, valorar e dixerir. Non, non falo de calidades. Só defendo unha achega digna á obra. En toda exposición pública, en todo proxecto aberto á comunidade, latexa unha dimensión didáctica, unha posibilidade de aprendizaxe e coñecemento. Toda forma construída no espazo real, unha pintura, unha exposición colectiva ou unha proposta urbanística, supón a expresión material dunhas ideas, fundamentos e contextos. Por iso é tan importante o feito de salientar as súas características, coñecer as súas necesidades internas, o seu discurso singular. A confusión, a mestura e as presas, opóñense á distinción e o xuízo. Enfróntanse á libre formación, madureza e confrontación dos criterios cos que percibimos a realidade. Ao gradual cultivo da sensibilidade. Á cultura. Esa cousa sempre difusa, incomprensible e aparentemente inútil.
O PXOM de Baiona non terá instancias de participación cidadá.
Os contidos do Plan Xeral de Ordenamento Municipal de Baiona non serán públicos ata a súa presentación para aprobación inicial no Pleno da Corporación. Así o comunicou este xoves o alcalde Jesús Vázquez Almuíña aos portavoces municipais, segundo fontes que participaron da reunión. Por outra banda, no mesma xuntanza onde foi presentado o novo equipo redactor do documento, manifestouse recorrer ante a Xunta de Galicia o informe negativo "á baixa", das previsións do crecemento demográfico do municipio, que tería importantes repercusións na cantidade de novas vivendas contempladas no plan.
A oposición solicita un pleno extraordinario e urxente para deter as obras de humanización en Sabarís.
Os grupos municipais do PSOE, BNG e UPyD presentaron no Rexistro Municipal de Baiona unha solicitude cara á celebración dun Pleno Extraordinario e de carácter urxente co fin de paralizar a primeira fase da humanización da Rúa Julián Valverde en Sabarís. O escrito, redactado polos portavoces das tres agrupacións, foi entregado este mediodía, momentos antes dunha xuntanza informativa citada polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL