Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Concello de Baiona entregou os premios do I Concurso de Tapas "Bai de Tapas".

O Concello de Baiona entregou os premios do I Concurso de Tapas "Bai de Tapas".

Correo-e Imprimir PDF
baitapas

 

Nun acto público, celebrado este mércores 6 de xuño pola mañá no Salón de Plenos do Concello de Baiona, foron anunciadas as tapas premiadas do I Concurso de Tapas de Baiona "Bai de Tapas". Os premios outorgados polo xurado foron os seguintes:

Tapa mellor elaborada: “Revuelto de setas y gambas con gulas al ajillo” do Bar Bacco’s.

Tapa con mellor sabor: “Bacalao aromatizado” Xamonería Fidalgo.

Tapa con mellor presentación:“Arroz crujiente a la cubana” da Tapería San Xoán.

Tapa con mellor relación calidade-prezo: “Tortilla de patata con ensalada de canónigos” do Café-Bar Begoña

Tapa elaborada con produtos galegos: “Milhojas de lacón con grelos y chorizo con espuma de patata”, do Pazo de Mendoza