Mércores, 7 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

Os escolares achegan a súa visión sobre a fauna mariña no vestíbulo do Concello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

expo-baionaO vestíbulo do concello de Baiona acolle unha exposición de debuxos realizados por alumnos do colexios públicos de Covaterra, Baiona; A Rúa, Cangas; do Manuel Padín Truiteiro de Soutomair e tamén do Centro Rural Agrupado de Vilaboa.A mostra forma parte dun proxecto de educación ambiental que está levando a cabo a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños. O programa a desenvolver en centros escolares da zona de influencia do GAC-7 (Ría de Vigo-A Guardia). As actividades iniciáronse cunha serie de charlas nos colexios sobre o perigo de desaparición que corren determinadas especies da fauna mariña.

Os nacionalistas pechan a campaña do 20-N en Baiona cun mitin en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

toba bngEste mércores 16 de novembro ás 20 horas celebrarase un mitin do BNG no Casino de Sabarís. No acto intervirán a concelleira Ana Rodríguez e o portavoz municipal do Bloque en Baiona, Xosé Enrique Fernández. Pechará o acto o candidato por Pontevedra Xabier Toba.

A confraría de Baiona recibirá 4.700 euros polos traballos de setembro na rexeneración da zona C.

Correo-e Imprimir PDF

O Consello da Xunta autorizou hoxe o pagamento de algo máis de 4.700 euros correspondente aos traballos do mes de setembro de rexeneración de zonas C á confraría de Baiona. A medida tamén beneficiou ás confrarías de Ferrol, Barallobre, Miño, Pontedeume, A Coruña, Raxó, Lourizán e Pontevedra (Agrupación Lonxa de Campelo).

Acto de Esquerda Unida en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

O vindeiro venres 11, no Café Casino de Sabarís, terá lugar un acto público de Esquerda Unida ás 20:00 h. Falarán Nuria Andión (Gondomar) e José Cuevas (Nigrán), candidatos ao Congreso pola provincia de Pontevedra. O acto versará sobre a crise e as solucións alternativas que ofrece o programa desta formación política.

O desemprego medra máis dun 9% en Baiona .

Correo-e Imprimir PDF

casco_vello_baionaO desemprego en Baiona medrou un 9,32% en relación ao mes de setembro. A falla de traballo xa afecta a 1126 veciños do municipio, dos cales 587 son mulleres e 539 son homes. A crise laboral na vila real incrementouse por riba da media galega (3,96%) e equivale a case tres veces a que sufriu no seu conxunto a área metropolitana de Vigo (3,33%). Os datos oficiais da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia salientan o parón no sector servizos do concello, o que rexistra unha marca histórica ao chegar aos 627 casos.

A información da demanda e o consumo da auga de Baiona estará dispoñible por Internet.

Correo-e Imprimir PDF
Carlos Calvo (ITG), Vázquez Alumuíña (Baiona) e Rafael Louzán (Dep. Pontevedra), na firma do acordo.

A demanda e o  consumo da auga en Baiona comezará a ser monitorizado por un programa informático que controlará o Instituto Tecnolóxico de Galicia. Segundo a administración municipal, o seu obxectivo será mellorar a xestión da auga potable e dos procesos asociados coa planificación urbana. O programa, coñecido como sistema WIZ permitirá dispor aos organismos da administración local e tamén aos cidadáns, dun sistema de información accesible a través de Internet.

Baiona promociónase en Madrid a través da Asociación Vilas Mariñeiras.

Correo-e Imprimir PDF
Autobús de Vilas Mariñeiras que percorre Madrid.

Durante todo este mes de outubro, circula por Madrid un autobús con promoción de Vilas Mariñeiras, asociación á que Baiona pertence, conxuntamente con municipios do Norte de España. A Concellería de Turismo baionesa informa que esta é unha das actividades contempladas no Plan de Actuacións 2011 da asociación, na cal utilízase como soporte promocional un autobús rotulado integramente, “cunha bonita creatividade, e cun slogan que resume a esencia das Vilas Mariñeiras: Un mar de sabores e experiencias”.

Baiona quedará sen suministro de auga se a Xunta non resolve o conflicto xerado con Vigo

Correo-e Imprimir PDF

Abel Caballero e Jesús Vázquez Almuiña, nunha reunión en xuño de 2011Se en dúas semanas non cambia o estado dos encoros de Zamáns (35,9 % de auga embalsada) e de Eiras (nun 43%), o alcalde de Vigo, Abel Caballero podería cortar o suministro a Baiona. Así o informou esta mañá aos medios, logo de sinalar que o descenso continuado no nivel dos encoros que fornecen á cidade de Vigo, poderían entrar nunha "alerta roja" no termo de dúas semáns de cumprirse as previsións de ausencia de choivas.

Homenaxe en Baiona no 75 aniversario dos asasinatos na Volta dos Nove.

Correo-e Imprimir PDF
Monumento de Fernando Casás aos nove asasinados en Baredo en 1936.

A Comisión de familiares "Volta dos Nove" e o Instituto de Estudos Miñoranos realizarán o próximo sábado 15 de outubro, ás 13h, unha ofrenda floral en memoria dos nove veciños do Val Miñor asasinados na noite daquela xornada de 1936 en Baredo. A homenaxe terá lugar fronte ao monumento ideado polo artista Fernando Casás instalado en 2005 para perpetuar a memoria das vítimas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL