Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A confraría de Baiona recibirá 4.700 euros polos traballos de setembro na rexeneración da zona C.

A confraría de Baiona recibirá 4.700 euros polos traballos de setembro na rexeneración da zona C.

Correo-e Imprimir PDF

Consello-da-XuntaO Consello da Xunta autorizou hoxe o pagamento de algo máis de 4.700 euros correspondente aos traballos do mes de setembro de rexeneración de zonas C á confraría de Baiona. A medida tamén beneficiou ás confrarías de Ferrol, Barallobre, Miño, Pontedeume, A Coruña, Raxó, Lourizán e Pontevedra (Agrupación Lonxa de Campelo).

 

Segundo o informado durante a sesión do Consello desta xornada, as cantidades que se van remitir ás confrarías polos labores de rexeneración das zonas C supoñen un total de máis de 659.400 euros, correspondendo á confraría da Coruña máis de 64.400 euros, aos de Ferrol preto de 385.000 euros, aos de Barallobre máis de 146.600 euros, aos de Miño máis de 22.400, aos de Pontedeume máis de 11.500 euros, aos de Baiona algo máis de 4.700 euros e ás confrarías de Raxó, Lourizán e Pontevedra máis de 24.700 euros.

Simultaneamente, o departamento que dirixe Rosa Quintana traballou na clasificación das localizacións para o desenvolvemento dun sistema de reinstalación, de feito, a semana pasada a Consellería publicou na súa páxina web para información pública o borrador da orde pola que se declaran e clasifican as novas zonas de reinstalación de moluscos bivalvos procedentes de zonas C, que permanecerá na rede durante 15 días hábiles para posibles alegacións.

Unha vez publicada a Orde no Diario Oficial de Galicia, as confrarías interesadas poderán trasladar os moluscos das zonas C á zona de reinstalación para a súa depuración e posterior venda en fresco. A Consellería do Mar estima que permitirá recuperar en Galicia unha produción dunhas 450 toneladas anuais máis de moluscos bivalvos que xerarían arredor de 6 millóns de euros de valor no mercado.