Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona promociónase en Madrid a través da Asociación Vilas Mariñeiras.

Baiona promociónase en Madrid a través da Asociación Vilas Mariñeiras.

Correo-e Imprimir PDF
Autobús de Vilas Mariñeiras que percorre Madrid.

Durante todo este mes de outubro, circula por Madrid un autobús con promoción de Vilas Mariñeiras, asociación á que Baiona pertence, conxuntamente con municipios do Norte de España. A Concellería de Turismo baionesa informa que esta é unha das actividades contempladas no Plan de Actuacións 2011 da asociación, na cal utilízase como soporte promocional un autobús rotulado integramente, “cunha bonita creatividade, e cun slogan que resume a esencia das Vilas Mariñeiras: Un mar de sabores e experiencias”.

Desde o 1 de outubro este autobús pódese ver circulando polas rúas máis céntricas da capital de España, xa que a liña que percorre, presta servizos entre a Praza de Manuel Becerra e a rúa Guzmán el Bueno, pasando pola C/Doctor Esquerdo, C/Narváez, Avda. Menéndez Pelayo, C/O'Donell, Porta de Alcalá, Praza de Cibeles, C/Alcalá, Gran Vía, Praza de Callao, Praza de España, C/Princesa, C/Alberto Aguilera, C/Cea Bermúdez e C/Blasco de Garay.

Dentro do mesmo Plan de Actuacións de Vilas Mariñeiras levaron a cabo dous Press Trip. Un con prensa suíza e alemá que percorreu os destinos galegos e asturianos da Asociación e outro con prensa portuguesa que realizou o percorrido polos correspondentes a Cantabria e País Vasco.