Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Os escolares achegan a súa visión sobre a fauna mariña no vestíbulo do Concello de Baiona.

Os escolares achegan a súa visión sobre a fauna mariña no vestíbulo do Concello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
expo-baiona

O vestíbulo do concello de Baiona acolle unha exposición de debuxos realizados por alumnos do colexios públicos de Covaterra, Baiona; A Rúa, Cangas; do Manuel Padín Truiteiro de Soutomair e tamén do Centro Rural Agrupado de Vilaboa.A mostra forma parte dun proxecto de educación ambiental que está levando a cabo a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños. O programa a desenvolver en centros escolares da zona de influencia do GAC-7 (Ría de Vigo-A Guardia). As actividades iniciáronse cunha serie de charlas nos colexios sobre o perigo de desaparición que corren determinadas especies da fauna mariña.

A concellería de Xuventude de Baiona, saliente que a iniciativa ten como fin concienciar aos máis pequenos "da necesidade de preservar o medio ambiente e das accións que todos podemos levar a cabo para evitar a súa desaparición".

Agora, o público pode contemplar parte dos debuxos elaborados polos escolares na mostra que leva por título "Coñecendo as especies mariñas ameazadas da nosa ría".