Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Acampadas escolares na XI Semana Verde 2012 en Baiona.

Acampadas escolares na XI Semana Verde 2012 en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
acampada baiona

Os próximos días 25,26 e 27 de xuño, o Concello de Baiona, a través da Concellaría de Deportes, en colaboración con ANPAS centros públicos escolares de Baiona, Protección Civil Val Miñor, Asociación veciñal de montes de man común de Bahiña, Concellaría de Medio Ambiente de Baiona e a Xunta a través da Conselleria de medio Rural organizan unha nova acampada en Chan da Lagoa para os escolares do municipio.

 

A acampada, segundo informa a organización, nace coa intención de "desenvolver e fomentar as actividades na natureza, tanto desde a práctica deportiva como desde a formación integral e educativa dos escolares."

A actividade consta de variadas dinámicas de lecer, xogos e outras de índole formativo onde o coñecemento da fauna, flora e historia da nosa contorna conforman o programa previsto. As actividades están dirixidas e organizadas polo persoal de Recreativa baixo as directrices e supervisión do persoal técnico da Concellaría de Deportes.

Nesta nova edición do 2012 participarán un total de 50 inscritos, abrindo o prazo de inscrición a partir do 1 de xuño para os escolares de Baiona e deixando a posibilidade de participar alumnado de concellos limítrofes se quedan prazas vacantes.

Con esta iniciativa a Concellaría de Deportes do Concello de Baiona continúa coa súa programación prevista para as actividades de Montaña. Para maior información dirixirse ao Pavillón de deportes Municipal ou chamar ao Tlf: 986 356558 ou se dispón de e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo