Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O BNG vai romper porque non é o mesmo BNG de toda a vida

O BNG vai romper porque non é o mesmo BNG de toda a vida

Correo-e Imprimir PDF
xose enrique_fernandez_dimision_bng_baiona
ana maria_rodriguez_bng_baiona
roberto valverde_sabin
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Xose Enrique Fernández, actual portavoz do BNG en Baiona que recentemente anunciou o seu afastamento do partido, sincerouse antes as cámaras de VIA TV para falar dos motivos da súa marcha. 

O portavoz nacionalista manifestou a súa opinión de que o Bloque atópase nunha situación dificil, e non dubida en expresar a súa opinión sobre unha división e ruptura como partido porque considera que non é o mesmo BNG de toda a vida..

 A decisión da renuncia e o abandono do partido por parte do nacionalista baionés xurdiu a raiz da última Asamblea Nacional do BNG celebrada en Santiago, onde a UPG copou prácticamente todos os órganos executivos do partido despois das votacións.

Depois de moitos anos ao fronte da agrupación local de Baiona, Xose Enrique Fernández despedirase da vida política loca no próximo pleno que se celebre en Baiona. Segundo manifestou na entrevista "agora mesmo hai máis cousas que me separan que as que me unen" en relación co partido nacionalista. O punto determinante da súa dimisión como portavo radica por un lado polo documento aprobado na última asamblea nacional do BNG, cunha folla de ruta coa que non está de acordo en moitos puntos, pero sobre todo suliñou como motivo da súa marcha unha cuestión  de "formas" referidas ao partido.

O mesmo día que pechaba a Asemblea Nacional do Bloque coa vitoria da corrente encabezada pola Unión do Pobo Galego, o ex concelleiro Roberto Carlos Valverde (2007 - 2011), anunciaba o seu retiro do Bloque a través dunha carta colgada no seu perfil de Facebook. Baixo o título "Adeus BNG", Valverde salientaba que "Hoxe se reafirmou a miña perda de confianza no BNG".

A carta de Valverde afirma que "Nunca me dobleguei ante ningunha das correntes que formaban o BNG, sempre fun libre de pensamento e fiel os meus principios, con un nexo en común co resto de compañeiros e compañeiras, a defensa da nosa nación, da nosa cultura, do noso idioma, da nosa terra. Pero ata aquí cheguei, grazas a todos e todas."

A súa marcha provocará un debate interno na agrupación local que terá que decidir o seu futuro aparte de cubrir outras baixas de compañeiros que entraron con el na formación.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site