Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O concelleiro nacionalista de Baiona, Xosé Enrique Fernández abandona o BNG.

O concelleiro nacionalista de Baiona, Xosé Enrique Fernández abandona o BNG.

Correo-e Imprimir PDF
xose enrique_bng

A noticia foi comunicada extraoficialmente esta tarde, e confirmada a Valminor.info por fontes da propia agrupación. Fernández, ao igual que outros militantes nacionalistas, marcharía por non compartir a actual liña política do Bloque, xurdida da pasada Asemblea Nacional celebrada a fin de semana en Santiago. Segundo as mesmas fontes, o concelleiro conversará nas próximas horas cos actuais representantes do Bloque a fin de chegar a un acordo para manter o seu posto na corporación municipal en calidade de non afiliado.

A de Xosé Ernique Fernández non é a única baixa que sofren os nacionalistas de Baiona. O mesmo día que pechaba a Asemblea Nacional do Bloque coa vitoria da corrente encabezada pola Unión do Pobo Galego, o ex concelleiro Roberto Carlos Valverde (2007 - 2011), anunciaba o seu retiro do Bloque a través dunha carta colgada no seu perfil de Facebook. Baixo o título "Adeus BNG", Valverde salientaba que "Hoxe se reafirmou a miña perda de confianza no BNG".

A carta de Valverde afirma que "Nunca me dobleguei ante ningunha das correntes que formaban o BNG, sempre fun libre de pensamento e fiel os meus principios, con un nexo en común co resto de compañeiros e compañeiras, a defensa da nosa nación, da nosa cultura, do noso idioma, da nosa terra. Pero ata aquí cheguei, grazas a todos e todas."

Ata a publicación desta información a Redacción intentou por todos os medios comunicarse persoalmente co concelleiro Xosé Enrique Fernández, o que foi imposible.

Dim lights Embed Embed this video on your site